From Wikipedia, the free encyclopedia
Un rōnin (en xaponés 浪人) literalmente "home onda" - un home errante como unha onda no mar) era un samurai sen amo durante o período feudal do Xapón, entre 1185 e 1868. Un samurai podía non ter amo debido á ruína ou a caída deste, ou porque perdía o favor deste.
O xeito máis sinxelo que había para que un samurai acabase sendo rōnin era a través do nacemento. O fillo ou filla dun rōnin tamén era rōnin, sempre que non renunciase ao seu status. A miúdo o rōnin por nacemento soñaba con demostrar a súa valía para poder xurar lealdade cun clan, converténdose así nun verdadeiro e auténtico samurai. Aínda que isto ocorrese de cando en vez, era algo infrecuente, reservado aos máis talentosos, pois poucos Daimyos estaban dispostos a sentar un precedente permitindo que un rōnin entrase no seu clan. Mais a miúdo os rōnin eran enviados en certas misións coa promesa da admisión, para logo negárllela baseándose nalgún tecnicismo.
Un dos máis famosos rōnin foi Miyamoto Musashi.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.