Río Dviná Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Dviná Occidental ou Daugava (ruso: Зáпадная Двинá, letón: Daugava, Západnaya Dviná; en bielorruso, Zajódniaya Dzviná) é un río do nordés de Europa, que nace na meseta de Valdái, no noroeste de Rusia e desemboca no golfo de Riga preto da cidade de Riga, capital de Letonia.[1]
(lv) Daugava (ltg) Daugova (ru) Западная Двина (be) Дзвіна | ||||
Tipo | río rio internacional (pt) rio fronteiriço (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
País da cunca | Letonia, Belarús, Rusia, Lituania e Estonia | |||
Altitude inicial | 221 m | |||
División administrativa | Voblast de Viciebsk, Belarús (pt) , Oblast de Tver, Rusia (pt) , Oblast de Smolensk, Rusia (pt) , Krāslava Municipality, Letonia (en) , Municipio de Augšdaugava, Letonia, Daugavpils, Letonia, Livani, Letonia (pt) , Municipio de Jēkabpils, Letonia, Municipio de Aizkraukle, Letonia, Ogre Municipality, Letonia (en) , Município de Salaspils, Letonia (pt) , Ķekava Municipality, Letonia (en) e Riga, Letonia | |||
Localización | Colinas de Valdai (pt) | |||
Final | ||||
Altitude final | 0 m | |||
Localización | Golfo de Riga | |||
| ||||
Afluentes | 58 | |||
Conca hidrográfica | Daugava basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 1.020 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 87.900 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 678 m³/s | |||
O río Daugava nace na meseta de Valdái, na rexión rusa de Andreápol, no óblast de Tver. Discorre no seu primeiro tramo en dirección sur e, tras atravesar o óblast de Tver, segue polo bordo noroccidental do óblast de Smolensk. Alí cambia de dirección cara ao oeste e entra tamén na parte norte de Belarús, onde baña as cidades de Vítebsk e Pólatsk. Penétrase en Letonia en dirección preferentemente noroeste e, tras cruzar as cidades de Daugavpils e Riga, desauga no golfo de Riga, no mar Báltico.[2]
Está conectado por unha canle ao río Bereziná e desde aí co río Dniéper.
En condicións atmosféricas normais, o Daugava, que ten unha lonxitude de 1.020 km, ten unha profundidade máxima duns 12 m; con todo, coas crecidas que teñen lugar durante a primavera, chega a alcanzar unha profundidade de até 17 metros. Debido aos rápidos e á pouca profundidade do seu leito, úsase principalmente para o transporte de troncos. Ademais construíronse estacións hidroeléctricas ao leste de Riga. O Daugava permanece xeado desde decembro até abril.[3]
Os principais afluentes deste río son:[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.