Río de Zamáns

río galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Río de Zamánsmap

O río de Zamáns[1][2], tamén chamado río de Vilaza[3] ou río Amial[4], é un curso de auga que discorre polos concellos de Vigo e Gondomar. É afluente do río Miñor.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Río de Zamáns
Thumb
O río de Zamáns
Tipocurso de auga
Inicio
División administrativaProvincia de Pontevedra, España
LocalizaciónSerra do Galiñeiro
Final
División administrativaGalicia, España
Localizaciónrío Miño
Thumb
 42°06′37″N 8°45′49″O
Pechar

Curso

Thumb
Encoro de Zamáns

Nace no Galiñeiro, na parroquia de Zamáns (Vigo).[1] No seu leito construíuse o encoro de Zamáns. Discorre polas parroquias gondomareñas de Vincios e Vilaza. Na vila de Gondomar, concretamente ao carón da Paradela, conflúe co río das Rasas, para converterse no río Miñor.[1]

Historia

Thumb
Muíño das Maquías

Na documentación medieval, tamén recibía o nome de Miñor.[1] No século XVIII, xa estaba consolidado o actual nome.[1]

Patrimonio e natureza

Na parroquia de Zamáns atópase un conxunto etnográfico de cinco muíños restaurados a comezos do século XXI e unha senda[5]. Cabe destacar tamén o muíño das Maquías e o encoro de Zamáns.[5] Atravesa o núcleo urbano de Gondomar. Ás súas beiras atópase o paseo da Coelleira e unha pontella.[6]

Galería de imaxes

Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.