composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O péptido similar ao glicagón 1 (GLP-1) é unha hormona peptídica derivada do produto de transcrición do xene do proglicagón. A principal fonte de GLP-1 no corpo son as células L intestinais que secretan GLP-1 como hormona intestinal. As formas bioloxicamente activas do GLP-1 son: o GLP-1-(7-37) e o GLP-1-(7-36)NH2, os cales se orixinan polo corte selectivo da longa molécula do proglicagón.
A secreción de GLP-1 polas células L do íleo depende da presenza de nutrientes no lume do intestino delgado. Os secretagogos (axentes que causan ou estimulan a secreción) desta hormona inclúen os principais nutrientes como os carbohidratos, proteínas e lípidos. Unha vez que está en circulación, o GLP-1 ten unha vida media de menos de 2 minutos, debido á súa rápida degradación polo encima dipeptidil peptidase-4.
É unha potente hormona antihiperglicémica, inducindo unha estimulación da secreción insulina dependente da glicosa e suprimindo a secreción de glicagón. Esta acción dependente da glicosa é especialmente interesante porque, cando a concentración de glicosa está no seu rango normal no xaxún, o GLP-1 xa non estimula a insulina para causar hipoglicemia. O GLP-1 parece restaurar asensibilidade á glicosa das células pancreáticas β, por medio dun mecanismo que posiblemente implica o incremento da expresión de GLUT2 e glicoquinase. Tamén se sabe que o GLP-1 inhibe a apoptose das células pancreáticas β e estimula a proliferación e a diferenciación das células β secretoras de insulina. Ademais, o GLP-1 inhibe a secreción e motilidade gástrica. Isto atrasa e prolonga a absorción de carbohidratos e exerce un efecto saciante.
O GLP-1 posúe varias propiedades fisiolóxicas que fan que (el ou os seus análogos) sexa suxeito dunha intensa investigación como un tratamento potencial da diabetes mellitus.[1][2][3] As funcións fisiolóxicas coñecidas do GLP-1 son:
Como evidencia do papel fisiolóxico do GLP-1 na secreción post-prandial de insulina, comprobouse que unha dose oral de glicosa desencadea un pico na concentración de insulina plasmática moito máis grande ca o obtido cunha dose intravenosa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.