poeta galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Pura Tejelo Núñez, nada na Coruña en 1953, é unha poeta galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en bacharelato dando clase de lingua galega. Ocupou cargos de xestión na Agrupación Cultural O Facho. Estudou debuxo e deseño publicitario na Escola Picasso da Coruña.[1]
En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. En 2016 gañou o Premio Johán Carballeira co poemario A elegancia do século. Tamén publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silenciada. En 2021 o Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega na súa 29ª edición.[2][3]
Participou no ciclo Poetas Di(n)versos o 28 de febreiro do 2022 xunto coa escritora colombiana Piedad Bonnett.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.