Provincias Unidas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincias Unidasmap

As Provincias Unidas ou a República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do norte da rexión histórica dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Modelo:Xeografía políticaProvincias Unidas
Republiek der Zeven Verenigde Nederlanden (nl) Editar o valor en Wikidata

HimnoHet Wilhelmus Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata
 52°05′N 4°18′L
CapitalA Haia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.880.500 (1795) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua neerlandesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgreja Reformada Neerlandesa (pt) Traducir e Calvinismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación26 de xullo de 1581 Editar o valor en Wikidata
Disolución19 de xaneiro de 1795 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública Bátava Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoStates General of the Netherlands (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
MoedaReichsthaler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Pechar

Historia

A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos casa de Habsburgo. O enfrontamento entre católicos e calvinistas produciu o estabelecemento da Unión de Arras e da Unión de Utrecht (1579), que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1581, os representantes da Unión depuxeron a Filipe II de España e nomearon a Guillerme de Orange (asasinado en 1584). Johan van Oldenbarnevelt foi unha peza clave na creación da República en 1588.

A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de Inglaterra, que xunto a Francia recoñecerían a República en 1596. En virtude da Tregua dos Doce Anos, entre 1609 e 1621, con Filipe III, a Coroa de España recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.

A Idade de Ouro

A alianza con Francia durante a guerra dos Trinta Anos logrou para as provincias o status de Estado independente na Paz de Westfalia (1648).

Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do século XVII, o que foi considerado como a época dourada dos Países Baixos. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En 1784, Frederico II, rei de Prusia, organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o statu quo nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de Baviera.

Declive

Emprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de Lois XIV, consumouse o declive do seu poder e en 1795, logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola República Bátava.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.