Provincia de Amnat Charoen
provincia da Tailandia From Wikipedia, the free encyclopedia
provincia da Tailandia From Wikipedia, the free encyclopedia
Amnat Charoen (en tailandés: อำนาจเจริญ) é unha provincia do Nordeste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Amnat Charoen.
จังหวัดอำนาจเจริญ (th) | |||||
Lema | «เมืองบั้งไฟโก้ แตงโมหวาน หมอนขวานผ้าขิด แหล่งผลิตข้าวหอมมะลิ» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Mueang Amnat Charoen (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Monarquía constitucional | Tailandia | ||||
Capital | Amnat Charoen | ||||
Contén a división administrativa | Chanuman (en) Hua Taphan (en) Lue Amnat (en) Mueang Amnat Charoen (en) Pathum Ratchawongsa (en) Phana (en) Senangkhanikhom (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 375.380 (2014) (118,74 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Phu Thai (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.161,248 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 37 | ||||
Prefixo telefónico | 044 | ||||
ISO 3166-2 | TH-37 | ||||
Páxina web | amnatcharoen.go.th |
Limita coas provincias tailandesas de (empezando polo sur e seguindo o sentido das agullas do reloxo) Ubon Ratchathani, Yasothon e Mukdahan. Polo leste linda con Salavan, provincia de Laos.
A provincia áchase no val do Mekong. Na estación seca, de febreiro a maio, a auga do río Mekong descende e aparecen insuas polo medio tales como Kaeng Tanglang, en Si Sombun, cerca de Amphoe Chanuman, ou Kaeng Hin Khan, en Ban Hin Khan, 30 quilómetros ao sur de Amphoe Chanuman. Outros ríos importantes da provincia son o Lam Sae Bok e o Lam Sae Bai.
O Parque Nacional de Phu Sa Dok Bua áchase parcialmente nesta provincia, que tamén ocupa áreas das provincias Mukdahan e Yasothon.
Amnat Charoen obtivo o status de cidade durante o reinado de Rama III. Foi primeiramente administrada por Nakhon Khemarat, e logo por Ubon Ratchathani. Tornouse en provincia o 12 de xaneiro de 1993, desprendéndose da Provincia Ubon Ratchathani. É das provincias máis novas da Tailanda, canda Nong Bua Lam Phu e Sa Kaeo.
A provincia está subdividida en 7 distritos (amphoes). Os distritos son á súa vez divididos en 56 comunas (tambons) e estas en 653 poboados (moobans).
No centro do selo provincial amósase unha imaxe de Buda chamada Phra Mongkol Ming Muang, que tamén é coñecida como Phra Yai (Gran Buda). Esta estatua de 20 metros de alto atópase no parque Buddha Utthayan, situado xusto ao norte da cidade de Amnat Charoen.
A árbore provincial é a Hopea ferrea
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.