From Wikipedia, the free encyclopedia
Providencia stuartii[1] é unha especie de bacterias gramnegativas da familia das enterobacteriáceas, que se encontra comunmente no solo, auga e auga residual, e que pode producir infeccións en humanos. É a especie máis común do xénero Providencia.[2] P.stuartii incúbase a 37 °C en ágar nutriente ou caldo nutriente.[3] De P. stuartii procede a endonuclease de restrición PstI[4]. O seu nome específico débese ao bacteriólogo norteamericano C. A. Stuart, que fixo algúns dos primeiros estudos sobre o xénero Providencia.[1]
Providencia stuartii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Providencia stuartii Ewing 1962 |
P. stuartii pode producir infeccións en humanos, xa que é un patóxeno oportunista que ataca a pacientes con queimaduras graves ou que teñen catéteres urinarios inseridos durante longo tempo.[3] As persoas vellas están en maior risco.[2] Tamén pode afectar a animais, nos cales pode causar diarrea neonatal, como ocorre nas vacas leiteiras. Nos humanos, P. stuartii pode illarse da urina (o máis común), feces e sangue, e tamén en cultivos de esputos, pel e feridas. A septicemia por P. stuartii é principalmente de orixe urinaria. É a causa máis común da síndrome da bolsa de urina púrpura (a urina adquire cor púrpura por causa da infección urinaria por esta bacteria).[5] As infeccións do torrente sanguíneo de P stuartii están asociadas con febre, taquicardia, e hipotensión.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.