From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Providence Bruins son un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Providence, Rhode Island (Estados Unidos). Os Providence Bruins compiten nunha das ligas menores de América do Norte, a American Hockey League (AHL), sendo un dos equipos afiliados dos Boston Bruins da National Hockey League (NHL). O equipo xoga os seus partidos como local no Dunkin' Donuts Center de Providence, un pavillón con capacidade para 11.940 espectadores.
Providence Bruins | |
---|---|
Fundación | 1977 (Maine Mariners) 1992 (Providence Bruins) |
Cidade | Providence, Rhode Island Estados Unidos |
Estadio | Dunkin' Donuts Center (11.940 espectadores) |
Liga | American Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Atlantic |
Campionatos | 1 (1998-99) |
Propietario(s) | H. Larue Renfroe |
Director | Peter Chiarelli |
Adestrador | Bruce Cassidy |
Afiliado(s) | Boston Bruins (NHL) South Carolina Stingrays (ECHL) |
Cores | Negro, ouro, branco |
Na rede | |
https://www.providencebruins.com/ |
Os Providence Bruins comezaron a operar a principios da tempada 1992-93 da AHL despois de que o alcalde de Providence Buddy Cianci negociara un acordo cos propietarios dos Maine Mariners, Frank DuRoss e Ed Anderson, para trasladar o equipo. O traslado do equipo de Portland (Maine) fixo que Providence volvese á AHL por primeira vez dende que os Providence Reds, un dos equipos fundadores da liga, deixase a cidade en 1977.
Os Bruins conseguiron a súa primeira Calder Cup nos play-offs de 1999, logo dunha liga regular na que os de Providence dominaron a liga con 56 vitorias. Dirixidos polo adestrador debutante Peter Laviolette e o gañador do Les Cunningham Award Randy Robitaille, os Bruins pasaron das 19 vitorias da tempada anterior a derrotar aos Rochester Americans por 4 partidos a 1 para gañar o seu primeiro título de liga.
Na tempada 2001–2002, os Providence Bruins contrataron ao músico de 13 anos Ben Schwartz para traballar como organista oficial en todos os partidos como local. Como resultado, Schwartz, que tocou durante sete anos ata a finalización da tempada 2007–08, ostentou o título de ser o organista máis novo en traballar nunha franquía profesional norteamericana.[1]
En agosto de 2006, DuRoss vendeu a maior parte das súas participacións no club ao empresario de Massachusetts H. Larue Renfroe.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.