From Wikipedia, the free encyclopedia
A proteína que se une ao factor de crecemento similar á insulina (IGFBP polas súas siglas en inglés de insulin-like growth factor-binding protein) é unha proteína de transporte do factor de crecemento similar á insulina 1 (IGF-1).[2]
Proteína que se une ao factor de crecemento similar á insulina | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutra do dominio de unión a IGF da IGFBP-5.[1] | |||||||||||
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | IGFBP | ||||||||||
Pfam | PF00219 | ||||||||||
InterPro | IPR000867 | ||||||||||
SMART | SM00121 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00194 | ||||||||||
SCOPe | 1boe / SUPFAM | ||||||||||
|
Aproximadamente o 98 % do IGF-1 está sempre unido a unha das seis proteínas que se unen ao IGF (IGFBP). O IGFBP-3, a máis abundante destas proteínas, supón o 80 % de todas as IGFBP. O IGF-1 únese á IGFBP-3 nunha razón molar 1:1. As IGFBP tamén se unen ao IGF-1 dentro do fígado, permitindo que a hormona do crecemento actúe continuadamente sobre o fígado para producir máis IGF-1.
As proteínas que se unen ao IGF (IGFBPs) son proteínas de 24 a 45 kDa. Todas as IGFBPs comparten un 50 % de homoloxía entre si e teñen afinidades de unión co IGF-1 e IGF-2 da mesma orde de magnitude que teñen os ligandos polo IGF-IR.[3]
Ás veces inclúese nesta familia IGFBP-7, que non comparte nin as características estruturais nin a alta afinidade polo IGF. Ao contrario, IGFBP-7 únese a IGF1R, que bloquea a unión a IGF-1 e IGF-2, o que dá lugar a apoptose.[4]
As IGFBPs axudan a aumentar a vida media dos IGFs circulantes en todos os tecidos, incluíndo a próstata.[5] Certos IGFBPs poden actuar potenciando ou atenuando a sinalización dos IGFs dependendo do seu contexto fisiolóxico (é dicir, o tipo celular). Malia estas semellanzas, algunhas características son diferentes: localización cromosómica, dominios de unión á heparina, sitio de recoñecemento de RGD, preferencia pola unión a IGF-1 ou IGF-2, e diferenzas na glicosilación e fosforilación.[6] Estas diferenzas estruturais poden ter unha tremenda influencia en como interaccionan as IGFBPs coas membranas celulares.
En humanos os IGFBPs transcríbense dos seguintes sete xenes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.