Protamina
pequenas proteínas, ricas no aminoácido básico arxinina, que substitúen ás histonas nas últimas fases da espermatoxénese e pénsase que son esenciais para a condensación e estabilización do ADN nos espermatozoides From Wikipedia, the free encyclopedia
As protaminas son pequenas proteínas, ricas no aminoácido básico arxinina, que substitúen ás histonas nas últimas fases da espermatoxénese e pénsase que son esenciais para a condensación e estabilización do ADN nos espermatozoides. Parece que permiten un empaquetado máis denso do ADN no reducido espazo da cabeza dos espermatozoides que as histonas, pero deben ser despois descomprimidas para que a información xenética poida usarse para a síntese de proteínas. De feito, os xenes que son básicos para o desenvolvemento embrionario temperán continúan unidos ás histonas, e supoñen aproximadamente un 4% do ADN dos espermatozoides.[1]
Usos médicos
Ao mesturalas coa hormona insulina, as protaminas ralentizan o comezo da acción da insulina e incrementan a súa duración .
As protaminas úsanse na cirurxía de bypass cardiopulmonar para neutralizar os efectos anticoagulantes da heparina, e para incrementar a presión na arteria pulmonar e diminuír a presión sanguínea periférica, o consumo de osíxeno no miocardio, o gasto cardíaco, e a frecuencia cardíaca.[2]
O sulfato de protamina é un antídoto da heparina.[3] Existe unha variante da protamina con cadea máis curta que tamén actúa como un potente antagonista da heparina, pero con antixenicidade moi reducida.[4]
Exemplos
O rato, os homes, e certos peixes teñen dúas ou máis protaminas diferentes, mentres que o esperma de touro, porco, rata, coello, porco de Guinea e carneiro teñen só unha protamina.
Humanos
As dúas protaminas humanas denomínanse PRM1 e PRM2.
Peixes
Exemplos def protaminas de peixes son:
- salmina de salmón
- clupeína do espema de arenque (Clupea)
- iridina de troita arco da vella
- tinina de atún (Thunnus)
- estelina de esturión estrelado (Acipenser stellatus)
- esciliorrinina de cazón (Scyliorhinus)
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.