O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984[1]. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.
Prone Lugo | |||
---|---|---|---|
Nome | Prone Lugo Asociación Deportiva | ||
Alcume(s) | Transportistas | ||
Fundación | 1984 | ||
Estadio | Pavillón Municipal de Lugo | ||
Inauguración | 1964 | ||
Capacidade | 2.400 persoas | ||
Presidente | Manuel Jesús Vázquez Corredoira | ||
Adestrador | Diego Ríos | ||
Liga | Segunda División | ||
2017/18 | 15º | ||
Vestimenta | Lotto | ||
Patrocinador | Azkar | ||
Na rede | |||
http://www.pronelugoad.com | |||
| |||
O Prone conta cunha gran canteira de xogadores, destacando o equipo filial, que xoga na división semiprofesional Primeira Nacional A. Tamén conta cun equipo xuvenil de Liga Nacional. O grupo principal da súa inchada son "Os Bufóns".
Entre o seu palmarés destaca a Recopa de Europa de fútbol sala no ano 2005, disputada en Lugo. Un dos seus xogadores máis destacados é o internacional e campión do mundo Marcelo.
Historia
O equipo fundouse en 1984 como un club afeccionado, formado a partir dos traballadores da empresa de transporte Garaxe Villares. A medida que o club comezou a gañar títulos nas competicións locais, en 1989 cambiou o seu nome polo de Prone Lugo AD.
En 1995, o Prone Lugo inscribiuse nas competicións nacionais e desenvolveuse como institución profesional, coa creación dunha escola de fútbol e a contratación de xogadores a tempo completo. Na tempada 1996/97 os lucenses compraron a praza dun club do Barco de Valdeorras en Primeira Nacional A, e en dúas campañas ascenderon a División de Prata. En 1998, co nome de Airtel Prone Lugo, gañouse a primeira Copa Xunta de Galicia, trofeo máis importante a nivel autonómico.
Ao seu paso pola División de Prata, o Prone Lugo convértese nun dos clubs máis fortes da división. Tras terminar terceiros no seu primeiro ano, os galegos finalizaron primeiros en 1999/2000 e xogaron a fase de ascenso, onde caeron ante o FC Barcelona. Aínda que o equipo non puido ascender no terreo de xogo, aproveitou a desaparición do CLM Talavera para comprar a súa praza, grazas á posición alcanzada a campaña anterior. Deste xeito, Lugo debutou na División de Honra da LNFS en 2000/01.[2]
Co nome de Café Candelas Lugo, o equipo descendeu tras terminar en antepenúltima posición e perder no playoff de permanencia. Con todo, os lucenses remontaron a súa situación e recuperaron a máxima categoría en 2002. De novo en Primeira, o equipo centrouse en mellorar a súa estrutura e asegurar a permanencia. Ese mesmo ano chegou como patrocinador a empresa de transportes Azkar, polo que o equipo pasou a chamarse Azkar Lugo FS.
Na tempada 2003/04, o equipo galego clasificouse para os playoff polo título por primeira vez na súa historia. Deste xeito, mellorou as súas actuacións na máxima categoría, finalizando nos postos medios da clasificación. Asímismo, comezaron a chegar xogadores internacionais como Fernandinho ou Marcelo, que se converteu anos máis tarde en campión do mundo coa selección española. En 2005/06 Lugo gañou a Recopa de Europa fronte ao Boavista FC, o seu maior título ata a data.
Patrocinadores
- Airtel Prone Lugo: 1997–1998
- Café Candelas Lugo: 1998–2002
- Azkar Lugo: 2002–2014
Datos do club
Historial na liga
|
|
Equipo 2012/13
Dorsal | Xogador | Nome completo | Demarcación | Nacemento |
---|---|---|---|---|
1 | Óscar | Óscar Iglesias Lamas | Porteiro | Lugo |
13 | César Quijada | César Quijada Bran | Porteiro | Lugo |
16 | Illi | Ignacio González Almuíña | Porteiro | Lugo |
2 | Juanpe | Juan Pedro Toldos Arrizabalaga | Á/Peche | Madrid |
4 | Cospe | Alejandro Gruñeiro Zapata | Á/Peche | Cospeito |
5 | Diego | Diego Núñez Paz | Peche | Lugo |
10 | Aranburu | Javier Aranburu Laso | Á/Peche | Madrid |
12 | Jhony | Jonathan Carrasco Moslán | Peche | Áraba |
7 | Cuco | Raúl García Pérez | Á | Madrid |
9 | Antonio | Antonio Diz Teijeiro | Á/Pivote | Lugo |
11 | Solloso | Alejandro Solloso Bermúdez | Á/Pivote | Viveiro |
14 | Iago Rodríguez | Iago Rodríguez Ulla | Á | Lugo |
20 | Álex Diz | Alejandro Diz Teijeiro | Á | Lugo |
19 | Adri | Adrián González Varela | Á | Lugo |
8 | Jandri | Alejandro Mínguez Márquez | Á/Pívot | Burela |
18 | Bruninho | Bruno Cezar da Silva Moreira | Pívot | Belo Horizonte |
Corpo técnico
- Técnico: Diego Ríos Galloso
- Técnico: Gonzalo Iglesias Alonso "Morenín"
- Preparador físico: Xabier López Blanco
- Médico: María Rosario Solana Galdámez
- Podóloga: Rebeca Prieto Riaño
- Fisioterapeuta: Roberto Martínez Cordeiro
- Fisioterapeuta: Jaime Samper Falcó
- Delegado: Marcos Pereira Crende
- Delegado e xefe de espedición: Jacobo Gómez López
- Auxiliar: José Luis Carreira García
Palmarés
- Recopa de Europa (1): 2005
- División de prata (2): 1999/2000 e 2001/2002
- Copa Xunta de Galicia (5): 1998, 2002, 2003, 2006 e 2013.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.