From Wikipedia, the free encyclopedia
A profilaxe preexposición (acrónimo PPrE ou na súa versión inglesa PrEP) refírese á administración de fármacos antirretrovirais de forma continuada a persoas seronegativas para VIH con risco substancial, superior á media, de contraer unha infección por VIH.[1]
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Se unha persoa está a tomar PPrE e se expón ó seme, líquido pre-seminal ou fluídos vaxinais dunha persoa con VIH, o medicamento antirretroviral axuda a previr que o virus infecte as células do sistema inmunolóxico e así evita que se estableza a infección por VIH.[2]
Na actualidade,[cando?] o único fármaco recomendado para a profilaxe preexposición do VIH é Truvada, unha combinación de emtricitabina e tenofovir disoproxil fumarato.[Cómpre referencia] Segundo os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades a PPrE pode ser unha poderosa ferramenta de prevención do VIH ó combinarse con condóns e outros métodos de prevención para proporcionar unha protección aínda maior que cando se utilizan por separado. Con todo, as persoas que usan PrEP deben comprometerse a tomar o medicamento todos os días e manter un seguimento médico polo menos cada 3 meses.[3]
Un dos ingredientes activos da preparación é o fumarato de disoproxilo de tenofovir, que é un análogo de nucleótido que inhibe da transcriptase inversa, bloqueando eficazmente a incorporación do material xenético do VIH no xenoma do hóspede, e por tanto, evitando a infección por VIH.[4]
PPrE está recomendado para o uso combinado con preservativos, de maneira que cada método pode compensar os déficits de eficacia ocasionais do outro.[3]
Existe unha división social entre o apoio e a oposición ó uso da profilaxe preexposición como método de prevención da infección por VIH. En febreiro de 2016 documentouse o primeiro caso dunha persoa que, tomando axeitadamente a PPrE, infectouse dunha cepa multirresistente ó tratamento, seguido por un segundo caso en outubro do mesmo ano.[5][6] En febreiro de 2017 informouse do caso dunha terceira persoa infectada de VIH tomando axeitadamente o tratamento, sendo o primeiro caso de adquisición dunha cepa sen ningunha resistencia ós fármacos que contén a PPrE.[7] Polo momento, as novas infeccións derivadas dun uso irregular ou esporádico da PPrE non están contabilizadas.[8] Os actores pornográficos, que foron cuestionados en especial os que realizan escenas de sexo barebacking (coloquialmente chamado en español "a pelo"), están a ser chamados a tomar PPrE e a facelo público, como unha maneira de fomentar a prevención do virus.[9]
Efectos secundarios e adversos dos principios activos empregados en PrEP segundo prospecto:
Efectos adversos frecuentes (poden afectar até 1 de cada 10 persoas)
As análises tamén poden amosar:
Efectos adversos moi frecuentes (poden afectar a máis de 1 de cada 10 persoas)
As análises tamén poden amosar:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.