Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television. Os produtores executivos ademais do propio Scheuring son Matt Olmstead, Kevin Hooks, Marty Adelstein, Dawn Parouse, Neal H. Moritz, e Brett Ratner. O tema musical compúxoo Ramin Djawadi polo que foi nomeado a un Emmy en 2006.
Cando lle foi presentada a idea á Fox en 2003 non se interesou por ela pero despois do éxito de series como Lost ou 24, Fox decidiu aprobar a súa produción en 2004. A primeira tempada recibiu críticas positivas e tivo boa audiencia, en orixe ían ser 13 episodios pero debido á súa popularidade realizáronse nove episodios máis. Debido á folga de guionistas, o final da terceira tempada tivo que ser reformulado. As primeiras catro tempadas editáronse en DVD e a primeira e a terceira en Blu Ray. O éxito da serie inspirou unha serie exclusivamente realizada para móbiles, Prison Break: Proof of Innocence.
A primeira temporada consta de 22 capítulos. Lincoln Burrows é acusado de ser o autor dun crime que el di que non cometeu: asasinar a Terrence Steadman, o irmán da Vicepresidenta dos Estados Unidos. Lincoln é sentenciado a morte e envíano á Penitenciaría Estatal Fox River, para cumprir alí a súa condena até o día da súa execución. Michael Scofield, o irmán máis novo de Lincoln, está convencido da inocencia do seu irmán e elabora un plan de escape da prisión. Despois de planear a fuga, Michael rouba un banco a man armada para que o encarceren en Fox River. Dentro do cárcere debe levar a cabo o seu plan, pero debe superar obstáculos, sobrevivir na prisión e aliarse con outros presos para poder escapar co seu irmán da prisión antes da súa data de execución. Mentres, fóra do cárcere a avogada Veronica Donovan, amiga da infancia dos irmáns, fai todo o posible para aclarar a conspiración que levou a Lincoln ao cárcere, pero os axentes secretos dunha organización coñecida como A Compañía, fan o imposible para obstaculizar o traballo de Verónica.
A segunda temporada comeza oito horas despois do escape. Céntrase nos oito prófugos, que se separan e empezan a viaxar por todo o país mentres son perseguidos polas autoridades. Brad Bellick, tras ser despedido do seu posto de garda xefe, persegue os fuxitivos co obxectivo de obter os cartos da recompensa. Algúns deles reencóntranse cando buscan unha gran suma de cartos que foran enterrados por Charles Westmoreland, outro dos presos de Fox River. O axente federal Alexander Mahone é o asignado para capturar os oito fuxitivos. Acaba por descubrirse que está a traballar para A Compañía, que quere ver mortos ós oito.
Cando Sara descobre que mataran o seu pai (Frank Tancredi), encóntrase con Michael e decide quedar con el, xa que agora os irmáns pretenden acabar coa presidenta Reynolds, membro da Compañía. Para asegurar que os irmáns estean a salvo, Sara entrégase, mais sae libre grazas ao testemuño de Paul Kellerman (un axente que traballaba para a Compañía) e, xunto con Lincoln, son exonerados. Dos oito que escaparon, tres son asasinados e o resto arrestados, salvo Michael, Lincoln e T-Bag, que chegan a Panamá. Alí, Michael, T-Bag, Mahone e Bellick son arrestados por supostos crimes neste país e entran na Penitenciaría Federal de Sona.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prison Break |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.