O primeiro ministro da República de Corea (coreano: 국무총리) (chamado informalmente PMOSK ou PMOTROK) é nomeado polo presidente de Corea do Sur, coa aprobación da Asemblea Nacional.
Primeiro ministro da República de Corea 대한민국 국무총리 | |
---|---|
Creación | 31 de xullo de 1948 |
Primeiro titular | Lee Beom-seok |
O primeiro ministro non ten por que ser ser membro da Asemblea Nacional. Non é o xefe do goberno, senón que serve nun papel similar ao dun vicepresidente.
A palabra sino-coreana gungmu (국무/國務) significa "asuntos de Estado" e chongni (총리/總理) significa primeiro ministro ou chanceler, polo que o título completo en coreano significa literalmente "primeiro ministro de asuntos de Estado". O título curto en coreano é só Chongni.
O cargo foi creado o 31 de xullo de 1948, dúas semanas antes de que se fundase o goberno de Corea do Sur e foi ostentado por Lee Beom-seok ata 1950.
O 27 de abril de 2014, o primeiro ministro Chung Hong-won anunciou o seu desexo de dimitir.[1] Non obstante, debido a nomeamentos sen éxito, Chung permaneceu en funcións ata febreiro de 2015.
O 23 de xaneiro de 2015, a presidenta Park Geun-hye nomeou a Lee Wan-koo, novo primeiro ministro. Lee foi confirmado pola Asemblea Nacional como primeiro ministro o 16 de febreiro de 2015.[2] Con todo, o 20 de abril do mesmo ano, ofreceu a súa renuncia á presidenta no medio dun escándalo de subornos.[3]
O primeiro ministro é o principal asistente executivo do presidente, mentres que o presidente é o propio xefe de goberno, pero non o primeiro ministro.[4] O primeiro ministro ocupa a segunda posición despois do presidente no Consello de Estado de Corea do Sur, que é o gabinete nominal de Corea do Sur. Asiste ao presidente supervisando os ministerios, facendo recomendacións para os ministros e servindo como vicepresidente do gabinete. O primeiro ministro é o primeiro en orde de sucesión para cumprir as funcións do cargo de presidente como presidente interino no caso de que o presidente sexa incapaz de facelo. O caso máis recente de presidente interino foi Hwang Kyo-ahn, durante a destitución de Park Geun-hye en 2016.
Un primeiro ministro que foi nomeado polo presidente pero aínda non confirmado pola Asemblea Nacional é chamado informalmente como primeiro ministro en funcións.
O cargo de primeiro ministro está apoiado por dous vice-primeiros ministros. O primeiro ministro de Corea do Sur a miúdo ten certa experiencia profesional mentres que o presidente é sempre un político de vocación.[5]
- Artigo principal: Lista de primeiros ministros de Corea do Sur.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.