O período precelta na prehistoria de Europa Central e Occidental produciuse antes da expansión dos celtas ou da súa cultura durante a Idade de Ferro en Europa e Anatolia (séculos -IX a -VI), mais despois da aparición da lingua e cultura protoceltas. A área abrangueu a espazo máxima das linguas celtas a mediados do primeiro milenio a.C. A extensión á que a lingua, a cultura e a poboación celta coincidiron ou interacturaron durante este período e moi incerto e polémico.
Linguas
O protocelta data principalmente do -800, coincidindo coa cultura de Hallstatt, mentres que a posible diverxencia máis antiga entre as variedades protoceltas do protoindoeuropeo data de entre o -3000 e o -2000.
Na Europa continental, as linguas precélticas da Idade de Bronce europea poden comprender dous grupos distintos.
- Linguas non indoeuropeas (por exemplo as linguas preindoeuropeas); como o éuscaro,[1][2] o rético, o etrusco,[3] o ibérico, que podería estar clasificado co éuscaro mais aínda están sen clasificar, o aquitano e o paleosardo. Algúns estudosos agrupan o etrusco, o rético e o lemnio nunha hipotética familia lingüística tirrena, que puido xurdir no mar Exeo ou no norte dos Alpes durante o Neolítico.[4][5][6][7] Pola contra, a lingua lemnia podería ter chegado ao mar Exeo durante a Idade de Bronce serodia, cando os gobernantes micénicos recrutaron grupos de mercenarios de Sicilia, Sardeña e diversas partes da Península Itálica.[8]
- Variedades indoeuropeas, como as linguas ilirias, posiblemente o lusitano, os dialectos italo-célticos, o antigo belga e o "antigo europeo".[9] Porén, o lusitano e o antigo belga poden resultar ser celtas, mentres que o antigo europeo podería ser celta ou non indoeuropeo. A existencia do indoeuropeo no oeste de Europa antes da chegada dos celtas é altamente especulativo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.