From Wikipedia, the free encyclopedia
Nos trinta e seis quilómetros da costa de Sanxenxo pódense atopar moitas praias das máis variadas características; urbanas como Silgar, Baltar e Caneliñas, ou máis tranquilas como Areas, Montalbo, Magor e A Lanzada; con algunha excepción son de area branca e fina. Todas elas destacan pola calidade das súas augas e servizos, convertendo a Sanxenxo no municipio con máis bandeiras azuis de España desde o ano 2004.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2018.) |
Entre os seus areais destancan os seguintes:
Praia | Lonxitude (m) | Ancho (m) | Grao de ocupación | Grao de urbanización | [cando?] | Descrición | Imaxe | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Areas | 830 | 55 | Moi alto | Medio | Si | Si | Si | Si | Praia en forma rectilínea e semicurva nun extremo, situada nunha contorna semiurbana. Limitada no extremo leste pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro, con vistas da ría de Pontevedra. | |
Silgar | 750 | 80 | Moi alto | Moi alto | Si | Si | Si | Si | Acompañada de punta a punta polo paseo que leva o seu nome e resgardada por edificios, Silgar énchese cada verán de turistas españois e estranxeiros que buscan o relax de praia nas rías galegas. A Madama é a famosísima estatua que se atopa nunha rocha chamada "O Cubreiro", a cal se atopa a medio camiño entre a beira e as boias. | |
Baltar | 650 | 55 | Moi alto | Alto | Si | Si | Si | Si | Tamén coñecida como praia de Portonovo e separada de Sigar pola punta do Vicaño é unha praia xunta ao peirao de Portonovo con numerosas embarcacións xusto diante e cunha gran zona verde detrás, bordeada no seu percorrido por dous paseos, un deles de madeira, e cunhas pequenas e infrecuentes dunas próximas á localidade. Esta praia, xunto a Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo. | |
Caneliñas | 150 | 50 | Moi alto | Moi alto | Si | Si | Si | Si | Pequena praia, refuxio dos que buscan unha fina area branca e un lugar acolledor entre os edificios de Portonovo. É usual ver mozos gozando da Covasa, un estreito de auga entre dúas rocas nun dos bordos da praia e que se baleira por completo cando baixa a marea. | |
Canelas[1] | 400 | 80 | Moi alto | Escaso | Si | Si | Si | Si | É un dos focos de turismo da rexión destacando polas súas vistas. A calidez da area e das augas que a bañan fan de Canelas unha das praias máis atractivas do concello, sobre todo para a xente nova, xa que conta con superficie suficiente na que se adoitan colocar redes de voleibol privadas. | |
Paxariñas | 140 | 40 | Moi alto | Escaso | Si | Si | Si | Si | Ten forma de media cuncha, situada nunha contorna semiurbana e limitada, na súa marxe esquerda, pola Punta de Elmo ou Punta do Cavicastro e, na súa marxe dereita, pola Punta de Paxariñas. | |
Montalbo | 950 | 120 | Moi alto | Moi escaso | Si | Si | Si | Si | Rectilínea, situada nunha contorna rural, limitada pola Punta Montalbo, promontorio e miradoiro natural, e pola Punta Paxariñas. A area branca e fina forma suaves dunas con vexetación dispersa que separan a praia do piñeiral próximo. Ondada notable. Corrente de resaca forte no medio, con tendencia a movemento lateral. | |
Bascuas | 130 | 60 | Medio-alto | Moi escaso | Si | Si | Si | Si | É unha pequena praia nudista do municipio de Sanxenxo. Ten forma de media cuncha, situada nunha contorna case despoboada. | |
Panadeira[2] | 85 | 50 | Alto | Moi alto | Si | Si | Si | Si | Situada nunha contorna urbana, nas inmediacións do núcleo de Sanxenxo, limitada polas praias de Lavapanos e a dos Barcos. Recollida dos ventos e con augas tranquilas, é unha praia accesible e de uso familiar. | |
A Lanzada | 2560 | 95 | Alto | Moi escaso | Si | Non | Si | Non | Praia de area semifina moi demandada polos surfeiros xa que se atopa dando a cara ao mar aberto e ten unha boa ondada durante todo o ano debido a que non se atopa protexida pola illa de Ons como as demais. Sanxenxo comparte esta praia co municipio do Grove. Forma a parte occidental do istmo que une Sanxenxo coa península do Grove. | |
Magor [3][4][5] | 980 | 100 | Medio | Escaso | Si | Si | Si | Si | É un dos maiores areais do concello e conta cunha ampla zona de dunas naturais na súa parte noroeste. Preto dela atópase a famosa punta Faxilda co icónico banco de Noalla. | |
Lapa | 460 | 40 | Medio | Medio | Si | Si | Si | Si | Situada na parroquia de Noalla, entre a praia de Area Gorda, separada só polo illote do Médico, e A Lanzada, presenta unha forma de media cuncha. | |
Area Gorda | 330 | 70 | Baixo | Medio-baixo | Si | Si | Si | Si | Praia nunha contorna semiurbana; a pesar do seu nome ten area fina e branca, e destaca pola calidade das súas augas. | |
Foxos | 380 | 50 | Alto | Medio | Si | Si | Si | Si | Situada na parroquia de Noalla, é unha das praias máis requiridas tanto polos surfeiros como polos bañistas. Ten forma rectilínea. | |
Pragueira | 450 | 70 | Medio | Escaso | Si | Si | Si | Si | Xeograficamente pegada á praia de Magor, este areal atópase xusto antes que o de Bascuas. Destaca pola calidez das súas augas, e por unha ondada moderada pero notable. | |
Nanín | 440 | 40 | Medio-alto | Medio-Alto | Si | Si | Si | Si | A praia de Nanín sitúase saíndo do núcleo urbano de Sanxenxo dirección Pontevedra, xusto antes da praia de Areas. De area branca e fina, é frecuentada pola xente da zona e arredores, perdendo protagonismo tutístico a favor das praias de Silgar e Areas. | |
Fontenla | 80 | 40 | Baixo | Medio-baixo | Non | Non | Si | Non | A pequena praia de Fontenla é un areal de reducidas dimensións aniñado entre as rocas de punta Faxilde, o punto terrestre máis próximo á illa de Ons. Sitúase entre as praias de Magor e Foxos. Ideal para gozar do sol e a auga nun ambiente pouco masificado. | |
Dos Barcos | 150 | 20 | Moi baixo | Moi Alto | Non | Non | Si | Non | Esta pequena praia é unha praia portuaria pegada ao peirao de Sanxenxo. Nos últimos tempos baixou considerablemente a afluencia de persoas que a usan como praia turística. Ten un paseo de madeira sobre ela relativamente novo, que a fai aínda máis estancada. Fica claro neste caso a corrupción urbanística do concello a resistencia veciñal coa formación da asociación "S.O.S. Panadeira". | |
Lavapanos | 60 | 20 | Moi baixo | Moi alto | Non | Non | Non | Non | Praia de reducidas dimensións en forma rectilínea, situada nunha contorna urbana, nas inmediacións do núcleo de Sanxenxo, limitada pola praia dá Panadeira e a de Carabuxeira. De area branca e grosa, resgardade dos ventos, é unha praia portuaria con augas tranquilas. | |
Carabuxeira | 230 | 30 | Medio | Moi alto | Si | Si | Si | Non | A praia da Carabuxeira é un areal situado no núcleo exterior de Sanxenxo. O seu principal acceso pasa por baixo dun edificio construído en fronte. | |
Barreiros | 60+170 | 30 | Medio | Medio-Alto | Non | Non | Si | Non | Praia de reducidas dimensións en forma rectilínea, situada nunha contorna semiurbana, composta por area branca e fina e con augas tranquilas. Debido á súa privilexiada orientación, recibe os raios do sol até ben entrada a tarde. | |
Area de Agra | 260 | 30 | Medio-Baixo | Baixo | Si | Si | Si | Si | Situada nunha contorna virxe, limitada pola punta Festiñaza. Area branca e fina. Resgardada dos ventos, adoita ser, no entanto, unha praia con fortes ondadas. Ideal para quen buscan praias con contornas pouco humanizadas. | |
Pampaido | 60 | 20 | Moi baixo | Medio-Alto | Non | Non | Si | Non | Pequena, de area branca e fina. Emprazada nunha contorna rústica, é unha praia con augas tranquilas, abrigada dos ventos e as correntes mariñas. Ideal para gozar do sol e o mar nun ambiente tranquilo e pouco masificado. | |
A Granxa | 120 | 10 | Medio-baixo | Alto | Non | Si | Si | Non | Situada nunha contorna rural, entre as praias de Maceiriñas e Santa Mariña, xa limítrofes con Raxó. Composta por unha combinación de area branca e pequenas pedriñas. Recollida dos ventos, é unha praia con augas tranquilas e cálidas. | |
Fontenla | 10 | 15 | Moi baixo | Moi baixo | Non | Non | Non | Non | Situada ao fondo da praia de Foxos, é accesible por area só coa baixamar, tendo que escalar unhas pedras para poder chegar a ela. | |
Nosa Señora | 40 | 15 | Moi baixo | Baixo | Non | Non | Non | Non | Situada ó carón da capela da Lanzada, ofrece vistas á praia de Foxos e ás illas de Ons. | |
Nanín | 350 | 30 | Medio-Baixo | Moi Alto | Non | Non | Si | Non | Entre Areas e Barreiros, maiormente de pedras e area, ten un pequeno monte ao lado e unhas augas moi tranquilas, ideais para nenos. | |
Dos Mortos | 120 | 50 | Medio | Moi baixo | Non | Non | Non | Non | Contigua a Areas, ofrece unha panorámica diferente, desaparecendo na súa maior parte en altamar. | |
Pociñas | 60 | 70 | Baixo | Alto | Non | Si | Non | Non | Contigua a Pragueira, xúntase a esta na baixamar e a Magor, formando a praia de Magor-Pragueira-Pociñas. | |
Espiñeira | 150 | 20 | Medio-alto | Medio | Non | Si | Si | Si | Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, nunha contorna semiurbana, entre as praias de Lapa e A Lanzada. Aberta, ventosa e con forte ondada, é unha praia idónea para a práctica do surf. Comparte equipamento coa praia de Lapa. | |
Praia | Lonxitude (m) | Ancho (m) | Grao de ocupación | Grao de urbanización | [cando?] | Descrición | Imaxe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.