Porto, Zamora
concello galegofalante de Castela e León From Wikipedia, the free encyclopedia
concello galegofalante de Castela e León From Wikipedia, the free encyclopedia
Porto, tamén chamado Porto de Seabra ou Porto de Sanabria, é un concello español das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante está encadrado dentro da denominada Alta Seabra é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «portexo».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Zamora | ||||
Capital | Porto (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 171 (2023) (0,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 200,46 km² | ||||
Altitude | 1.211 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Rogelio Carracedo Carracedo (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 49583 | ||||
Código INE | 49162 | ||||
Páxina web | porto.es |
Parte do seu termo municipal atópase situado no Parque Natural do Lago de Seabra, un espazo natural protexido de grande atractivo turístico que conta co maior lago de orixe glaciar de España.
Está situado ao noroeste da provincia de Zamora, a 180 km da capital. Está situado a 1.205 m de altitude, sendo o concello de maior altitude da provincia.
Atópase nun profundo val entre os cumios de La Cuesta e Tanxilde, ao norte do río Bibei, accidentada polas serras da Porpasa e Currais (na Serra Calva ou de Porto) e A Segundeira.
Porto posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,25% da poboación (5 persoas) ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2010 |
---|---|---|---|---|
437 | 363 | 302 | 299 | 222 |
Durante a Idade Moderna, ao igual que o resto da comarca, pertenceu á provincia de Valladolid. Durante o Trienio liberal pertenceu á provincia de Ourense. Administrativamente sempre estivo vinculado á terra de Seabra. No 1833 incorporouse á provincia de Zamora.
O 26 de agosto de 2018, coincidindo coa maior feira de gando do ano, celebrouse unha consulta informal sobre a hipotética separación de Castela e León, coa intención de pasar a Galicia. Os veciños quéixanse do afastados que se atopan da capital zamorana, o uso da lingua galega pola maioría dos moradores e o abandono que, din, teñen dende a administración castelá. O resultado foi de 202 votos a prol da escisión, 19 en contra e 6 en branco. A consulta non se limitou ao censo senón que puido votar calquera que se achase nese momento na localidade[2][3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.