equipo de fútbol de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Polvorín F. C., anteriormente Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín e tamén coñecido como CD Lugo B, é un club de fútbol galego da cidade de Lugo. Foi fundado en 1991 e trátase do equipo filial do Club Deportivo Lugo. Actualmente compite na Terceira Federación. Leva o seu nome en honra do Club Deportivo Polvorín, equipo que en 1953 se xuntou coa Ximnástica Lucense para fundar o principal equipo da cidade.
Polvorín | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín | ||
Fundación | 1991 | ||
Estadio | Campo do Ceao, Lugo, Galiza | ||
Presidente | Tino Saqués | ||
Adestrador | Dani Galán | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 1 | ||
2023–24 | 13ª | ||
Vestimenta | Kappa | ||
Patrocinador | Estrella Galicia | ||
Na rede | |||
Sitio web oficial | |||
| |||
A Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín foi fundada no ano 1991, tomando o nome do campo de fútbol situado na Rúa Xosé Novo Freire e do antigo Club Deportivo Polvorín, un dos fundadores do Club Deportivo Lugo xunto coa Ximnástica Lucense. A orixe do club hai que procurala no SDC San Roque, equipo de fútbol que a finais dos anos 80 vivía malos momentos institucionais, con continuos enfrontamentos internos.[1] Debido a esta difícil situación o equipo divídese, e para poder competir nos anos seguintes ten que buscar o amparo do CD Castro (1990-91) e do SCD San Lázaro (1991-92). Con todo, o club quere volver ter unha estrutura propia e, nese contesto, en maio de 1991 inscribese no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia a Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín. O primeiro partido de competición oficial dun equipo da SDeC Polvorín data de setembro de 1992.[1]
Así, Na temporada 1992-93 o Polvorín bota a andar cun equipo xuvenil, un equipo cadete, un equipo infantil e un equipo alevín.[2] Ao ano seguinte a Xunta Directiva, presidida por María Dolores Real, decide a crear un equipo sénior de afeccionados que, co paso do tempo, sería o principal club da entidade. No seu segundo ano de existencia o Polvorín consegue quedar primeiro no seu grupo de Segunda Autonómica, conseguindo o ascenso de categoría. Porén, o equipo non consegue manter a categoría e descende despois de só un ano. Tras uns anos de transición, en 1999 consegue retornar á Primeira Autonómica tras finalizar a campaña en segunda posición. Esta vez a sorte sería distinta e o equipo consegue manter a categoría, mais na temporada 2000-01 descende de novo.[2]
En 2003 dimite o que era presidente do club, Manuel Núñez, poñéndose en perigo a continuidade do equipo. Finalmente un grupo de voluntarios faise cargo do mesmo baixo a presidencia de Elías Veiga. Tras salvarse ao club da desaparición, o Polvorín regresa á Primeira Autonómica en 2005, onde permanece até o ano 2009. Nestes anos consegue chegar ademais a dúas finais da Copa Deputación: a primeira en 2007 fronte á SD Outeiro de Rei, que finalizaría na quenda de penaltis, e a segunda en 2009 fronte o RC Vilalbés no Estadio Anxo Carro, que remata coa vitoria por 2-0 para os chairegos.[3] Mentres, en 2007, é nomeada nova presidenta do club María del Carmen Télez López. Desde ese momento o club segue a medrar, destacando a creación no ano 2011 da Escola de Fútbol Polvorín. O 13 de agosto de 2015 o club converteuse no filial do Club Deportivo Lugo, que naquel entón competía na Segunda División.[4]
|
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.