A ameixa bicuda ou bruxa (Venerupis aurea, Gmelin 1791 [1]; antes Tapes aureus) é unha especie de molusco bivalvo pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.
Ameixa bicuda | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Polititapes aureus (Gmelin, 1791) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Polititapes nuculoides Coen, 1914 |
Morfoloxía
Moi semellante ás ameixas fina e babosa, adoita ser de menor tameño, con máximos de 4,5 cm. A cuncha é sólida e equivalva, co umbo adiantado cara a metade anterior. A charnela consta de tres dentes en cada valva. A superficie é lisa, con costelas concéntricas e liñas de crecemento á penas visibles.
A cor é amarelada chegando a abrancazada e adoita ter debuxos variados (raias, bandas, manchas) máis escuros que a cor de fondo. Na cara interna, de cor branca sucia e ás veces con tons morados ou marelos, apréciase ben a marca do saco paleal.
Hábitat e bioloxía
É unha especie común na Ría de Arousa pero menos común que outras ameixas. Vive desde a franxa infralitoral ata profundidades de 40 metros, enterrada nos fondos de area, lama ou grava.
Distribúese na costa europea do Atlántico, no Mediterráneo e Mar Negro.
Importancia pesqueira e comercial
Péscase tanto a pé, co sacho, como con raños desde a embarcación. Vén mesturada con outras ameixas que son o obxectivo dos mariñeiros.
Cocíñase e consómese como as outras ameixas pero resulta moito menos apreciada que estas.
A ameixa bicuda en Galicia
Tamén recibe os nomes de brava, margarita e de chirla, pero este último nome pode crear confusión con outro molusco común no Mediterráneo que recibe, en castelán, o mesmo nome (Chamelea gallina).
Segundo Ríos Panisse, o apelativo de bicuda obedece á forma puntiaguda da unión das valvas. Diferentes peixes, como a maragota ou certas raias, reciben tamén esta denominación por algún carácter morfolóxico aguzado.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.