Os tupinamba[1] foron un dos varios grupos étnicos tupís que habitaron no Brasil antés da chegada dos colonizadores portugueses. Por volta do século XVI, habitaban dúas rexións da costa brasileira: a primeira ía dende a marxe dereita do río São Francisco até o Recôncavo Baiano;[2] a segunda ía do cabo de São Tomé, no actual estado do Río de Xaneiro, até São Sebastião, hoxe no estado de São Paulo.[3] Ese segundo grupo tamén era denominado "tamoios".[4][5] Ámbolos dous grupos compúñanse de 100.000 individuos e eran a nación indíxena máis coñecida de toda a costa brasileira polos navegadores europeos do século XVI.[2]
Pobo tupinamba | |
---|---|
Cerimonio relixiosa de tupinambas nun gravado de Theodor de Bry. | |
Poboación | |
Poboación total: 3 000 (tupinambas de Olivença) | |
Rexións principais: | |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua tupinamba |
Relixión | relixión tradicional |
Grupos relacionados | Pobos tupís |
No presente, o principal grupo tupinamba reside no sur do estado da Baía: son os tupinambas de Olivença. A maior parte da poboación tupinamba vive nos centros urbanos, principalmente nas rexións metropolitanas do sueste, centro-oeste e nordeste. No sueste, São Paulo é a cidade con maior poboación de etnia tupinamba. A súa lingua sobrevive hoxe na forma da lingua nheengatu.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.