pobo indíxena de México From Wikipedia, the free encyclopedia
Os triquis son un pobo indíxena que habita no noroeste do estado de Oaxaca, México, formando unha illa cultural no territorio mixteco.[2] Caracterízanse polos seus huipiles vermellos,[3] e algúns practican a relixión tradicional triqui xunto coa relixión católica.
Pobo triqui | |
---|---|
Triquis durante a procesión do domingo de Ramos. | |
Poboación | |
Poboación total: c 26 000[1] | |
Rexións principais: | |
México | Oaxaca, Estado de México, Cidade de México e Baixa California |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas triquis e castelán |
Relixión | catolicismo e crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | pobo mixteca e pobo cuicateco |
Na tradición oral dise que os triquis proviñan de Monte Albán, de onde foron expulsados por desobedecer as ordes do rei. Desprazáronse á parte baixa da costa oaxaqueña, pero debido ó clima extremadamente caloroso buscaron rexións máis altas e asentáronse en Tlaxiaco, de onde tamén os expulsou o cacique do lugar.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.