Pobo seri
grupo étnico de México From Wikipedia, the free encyclopedia
Os seri son un grupo indíxena do estado mexicano de Sonora. A etimoloxía deste exónimo provén do termo yaqui que quere dicir "home da area", e o endónimo que empregan é comcaac [koŋˈkɑːk]; singular: cmiique [ˈkw̃ĩːkːɛ]. A maioría dos membros do grupo son falantes fluídos da lingua seri, cmiique iitom. O seu territorio tradicional inclúe as illas Tiburón e San Esteban.
Pobo seri | |
---|---|
![]() Muller seri cantando. | |
Poboación | |
Poboación total: ~1 000 (2006)[1] | |
Rexións principais: | |
México | El Desemboque, Punta Chueca, Illa Tiburón e San Esteban (Sonora) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua seri e castelán |
Relixión | Tradicionalmente animistas No presente católicos |
O número de persoas deste grupo continúa en crecemento. En 1952, rexistrábanse 215 persoas; en 2006, máis de 900 (segundo o goberno seri).[2]
Territorio seri

O territorio seri, no estado de Sonora, abrangue unha área de arredor de 211 000 ha de terra, e está integrado por unha parte continental e pola illa Tiburón, que se encontra no golfo de California, fronte á costa central do estado.
Os seris habitan principalmente nas pobacións de El Desemboque (Haxöl Iihom), no concello de Pitiquito, e en Punta Chueca (Socaaix), no concello de Hermosillo, na costa de Sonora. Seguindo os ciclos de pesca, a localización dalgúns individuos ou os seus familiares pode variar, entre todos os campos pesqueiros distribuídos ao longo de 100 km de litoral.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.