Pobo hawaiano

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo hawaiano

Os hawaianos[3] (en hawaiano: kānaka ʻōiwi, kānaka maoli ou hawaiʻi maoli) son un pobo indíxena polinesio nativo das illas de Hawai.[4] As orixes dos hawaianos remóntanse ós primeiros poboadores polinesios que se asentaron en Hawai.

Datos rápidos Poboación, Estados Unidos ...
Pobo hawaiano
Thumb
Nenos hawaianos, c. 1900.
Poboación
Poboación total:
156 000 (só nativo)
371 000 (en combinación con outra etnia) (censo de 2010)[1]
Rexións principais:
Estados UnidosHawai, California
Aspectos culturais
LinguaLingua hawaiana, inglés, lingua de sinais hawaiana
RelixiónRelixión hawaiana, protestantismo, catolicismo e mormonismo[2]
Grupos
relacionados
Pobos polinesios e pobos autronesios
Pechar

Poboación

Na época da chegada de James Cook en 1778, a súa poboación estimouse entre as 250 000 e as 800 000 persoas.[5][6] No primeiro século despois do contacto, os nativos hawaianos case desapareceron por mor das doenzas introducidas nas illas, xa que non tiñan defensas contra a gripe, a varíola, o xarampón ou a tose ferina. O censo de 1900 dos Estados Unidos identificou 37 656 residentes como total ou parcialmente nativos hawaianos.[7] O censo de 2000 identificou 283 430 residentes nativos hawaianos, amosando unha gran tendencia de crecemento dende a anexión como estado en 1898.[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.