Pobo caxubio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os caxubios[2] (en caxubio: Kaszëbi; en polaco: Kaszubi; en alemán: Kaschuben) son un grupo étnico[3] eslavo de Pomerelia, no norte de Polonia. O seu territorio histórico coñécese como Caxubia (en caxubio: Kaszëbë; en polaco: Kaszuby; en alemán: Kaschubei, Kaschubien). Falan a lingua caxubia, que está clasificada como unha lingua separada estreitamente relacionada co polaco, ou como un dialecto polaco.[4][5] Independentemente da clasificación lingüística, os caxubios están considerados unha comunidade étnica diferete emparentada cos polacos.[5]
Pobo caxubio | |
---|---|
![]() Rapaza caxubia co traxe rexional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 570 000 | |
Rexións principais: | |
Polonia | 570 000 (2005)[1] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua caxubia |
Relixión | Maioría católica e protestantes |
Grupos relacionados | Polacos, sorbios, silesianos e outros pobos eslavos |
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.