From Wikipedia, the free encyclopedia
Os abnakis[2] (tamén coñecidos como abenaki, abinaki ou alnôbak) son un pobo indíxena de América do Norte. Son un dos pobos de fala algonquina que habitan no Quebec e en Novo Brunswick no Canadá, e na rexión de Nova Inglaterra nos Estados Unidos, unha rexión chamada por eles como Wabanahkik ("Terra do Amencer") en lingua abnaki. Os abnakis son un dos cinco membros da Confederación Wabanaki.
Pobo abnaki | |
---|---|
Parella abnaki, no século XVIII. | |
Poboación | |
Poboación total: 8 000[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | (Maine, Nova Hampshire e Vermont) |
Canadá | (Novo Brunswick e Quebec) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua abnaki, inglés e francés |
Relixión | Relixión abnaki |
Grupos relacionados | Pobos algonquinos |
Os "abnakis" son un grupo lingüístico e xeográfico, mais historicamente non tivo unha autoridade central do pobo. Existían numerosas e pequenas bandas e tribos que compartían moitos trazos culturais.[3] Uníronse como comunidade despois do contacto cos europeos, xa que as tribos orixinais foron dezmadas pola colonización, as doenzas e a guerra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.