From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pliensbaquiano é unha división da escala temporal xeolóxica que corresponde coa terceira idade do Xurásico Inferior, primeira época do período Xurásico. Esta etapa esténdese de 189,6 até 183 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Pliensbaquiano sucede o Sinemuriano e precede o Toarciano.
O seu nome procede do da aldea de Pliensbach na comunidade de Zell unter Aichelberg no Xura suavo, a uns 30 km ao leste de Stuttgart en Alemaña. O nome foi introducido na literatura científica polo paleontólogo alemán Albert Oppel en 1858.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.