Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os platihelmintos (Platyhelminthes, do grego πλατύ, "plano" e ἕλμινς , "verme") constitúen un filo de animais invertebrados non segmentados. Os membros deste grupo non teñen unha verdadeira cavidade corporal, e carecen de aparello circulatorio e respiratorio, o que os restrinxe a ter formas achatadas, que permiten que o osíxeno e nutrientes poidan penetrar a través do seu organismo por difusión.
Os platihelmintos son animais bilaterais acelomados que gardan bastante semellanza cos Radiados, mantendo só algunhas diferenzas que fan que os situemos en grupos distintos. Entre elas temos:
Os platihelmintos tradicionalmente dividíronse en dous grandes grupos: o primeiro deles, os Turbelarios, son principalmente animais non parasitos de tipo depredador. Os outros tres grupos, Cestodos, Trematodos e Monoxeneos son parasitos nalgunha fase dos seus complexos ciclos vitais. Actualmente esta clasificación está sendo revisada xa que se pensa que segundo as novas clasificacións, os Acelomorfos forman o seu propio filo [1] pero antes se lles consideraba dentro do grupo dos platihelmintos turbelarios.
Os platihelmintos restantes forman un grupo monofilético, é dicir, unha agrupación que contén todos os descendentes dun único antepasado común sendo el mesmo un membro do grupo. Na redefinición dos Platihelmintos agora forman parte do superfilo Lophotrochozoa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.