From Wikipedia, the free encyclopedia
Karl Gegenbaur (tamén escrito Carl Gegenbaur), nado o 21 de agosto de 1826 en Würzburg, Baviera, e finado o 14 de xuño de 1903 en Heidelberg, foi un anatomista alemán.
En 1845 entrou na universidade de Würzburg, onde estudou con anatomistas e fisiólogos como Albert von Külliker e Rudolf Virchow. Despois de obter o doutoramento, viaxou por Italia antes de volver á súa cidade natal.
En 1855 incorporouse á Facultade de Medicina da universidade de Jena, onde tres anos máis tarde obtivo a cátedra de anatomía e fisioloxía.
En 1873 Gegenbaur pasou a ser catedrático da universidade de Heidelberg, onde dirixiu tamén o Instituto de Anatomía. Os seus traballos valéronlle a medalla Copley en 1896.
Nun principio o traballo de Gegenbaur centrouse nos invertebrados pero, debido á súa formación en medicina, reorientou os seus intereses cara á anatomía comparada e á embrioloxía do esqueleto e o sistema nervioso dos vertebrados.
A súa obra máis coñecida é Grundriss der vergieichenden Anatomk (Elementos de Anatomía Comparada).
Publicada en 1859, antes da aparición de A orixe das especies de Darwin, a obra enmárcase na tradición da morfoloxía idealista. Porén, a partir da súa segunda edición (1870), Gegenbaur foi dotando ao enfoque transcendental dunha lectura filoxenética.
Ao igual que Jacques von Bedriaga e Ernst Haeckel, Gegenbaur suliña importancia da embrioloxía para o estudo da evolución, baseándose na anatomía comparada dos órganos homólogos.
Entre outros, Gegenbaur describiu os seguintes taxons:
Na súa honra varios autores dedicáronlle diversas especies; entre outras:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Gegenbaur |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.