Plateau
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Plateau (Meseta) é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. Ten unha extensión de 30 913 km2 e limita polo norte co estado de Bauchi, polo leste e sueste co estado de Taraba, polo sur con Nassawara e polo oeste co estado de Kaduna. A súa capital é a cidade de Jos e a súa poboación cífrase nuns tres millóns e medio de persoas.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Nixeria | ||||
Capital | Jos (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Barkin Ladi (en) Bassa (pt) Bokkos (en) Jos East (en) Jos North (en) Jos South (en) Kanam (en) Kanke (en) Langtang North (en) Langtang South (en) Mangu (en) Mikang (en) Pankshin (en) Qua'an Pan (en) Riyom (en) Shendam (en) Wase (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.200.442 (2016) (135,88 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30.913 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 3 de febreiro de 1976 | ||||
Sucedido por | Estado de Nasarawa | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | executive council of Plateau State (en) | ||||
Órgano lexislativo | Plateau State House of Assembly (en) Circunscrición: 24, (Escano: 24) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 930001 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +234 | ||||
ISO 3166-2 | NG-PL | ||||
Páxina web | plateaustate.gov.ng |
Plateau está considerado un dos estados con maior diversidade cultural e lingüística da xa diversa Nixeria. Nel fálanse cerca de 48 linguas. Entre as que teñen máis de 100 mil falantes, están o angas, o berom, o goemai, o kofyar, o mwaghavul, o ron e o tarok.[1]
Ao estar situado na zona central do país, no límite entre os territorios de maioría cristiá e o norte musulmán, Plateau foi escenario de violentos combates entre membros de ambas as faccións.[2] En 2010, estes enfrontamentos deixaron un saldo de polo menos 500 mortos.[3]
O estado conformouse en 1926 como escisión da entón provincia de Bauchi (actualmente estado). Ao longo do século XX, mercé distintos acontecementos históricos, sufriu varias modificacións territoriais. A última delas tivo lugar en 1996, cando baixo o réxime militar de Sani Abacha, dispúxose que a parte occidental do territorio se separara para conformar o novo estado de Nassawara.[4]
Este estado subdivídese internamente nun total de dezasete áreas de goberno local, a saber:
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.