From Wikipedia, the free encyclopedia
A Plaça de l'Ajuntament (en galego Praza da Casa do Concello) é o nome que recibe a praza máis grande e céntrica da cidade de Valencia. Durante o franquismo, recibía o nome de Plaza del Caudillo e despois da Transición, Plaça del País Valencià até 1987. Entre 1936 e 1939, nomeábase Plaça Emili Castelar. Hai unha proposta por parte do Consello Valenciano de Cultura para que reciba o nome de Xaime I, o fundador do Reino de Valencia.
Ten unha forma triangular, coa Plaça del Mercat ao norte e a praza da Estació del Nord ao sur. Na beira oeste atopamos o Ajuntament de València, e ao leste o edificio de Correos. Ao norte da praza hai unha grande fonte, e ao sur, un grande espazo aberto rodeado de escaparates de flores. A súa fisionomía actual ven da reforma realizada polo arquitecto Javier Goerlich entre 1931 e 1935, aínda que xa desapareceu o mercado neobarroco de flores soterrado que recibira o nome popular de La Escupidera.
Segundo Joan Fuster é una de les places més horribles que coneix l'experiència urbanística de la humanitat (unha das prazas máis horríbeis que coñece a experiencia urbanística da humanidade). Joan Francesc Mira cre que Fuster esaxera.
Durante as Fallas a a parte central praza está pechada por grandes estruturas enreixadas, xa que cada día ás dúas da tarde fanse espectáculos de pirotecnia chamados mascletades. Fora do espazo da mascletà, plantase o falla do Ajuntament, habitualmente dos máis grandes e custosos e así como a súa correspondente falla infantil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.