From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Pittsburgh Steelers son un equipo profesional de fútbol americano da cidade de Pittsburgh, no estado de Pensilvania (Estados Unidos) que compite na American Football Conference da National Football League (NFL).
Pittsburgh Steelers | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1933 Sede en Pittsburgh, PA | |||||
| |||||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||||
National Football League (1933–presente)
| |||||
Uniforme actual | |||||
Cores | Negro, ouro | ||||
Mascota | Steely McBeam | ||||
Cadro de persoal | |||||
Propietario(s) | Familia Rooney | ||||
Presidente | Dan Rooney | ||||
Director xeral | Kevin Colbert | ||||
Adestrador | Mike Tomlin | ||||
Historia | |||||
| |||||
Campionatos | |||||
Títulos de Liga (6)
| |||||
Conferencia (8)
| |||||
División (22)
| |||||
Estadios | |||||
|
Os Steelers chegaron á Super Bowl en sete ocasións, proclamándose campións en seis delas: as tempadas 1974, 1975, 1978, 1979, 2005 e 2008. Coa sexta copa, os Steelers superaran aos Dallas Cowboys e aos San Francisco 49ers e convertéronse nos maiores dominadores do trofeo. Apareceu en 13 Finais de Conferencia e xogou máis partidos da Final de Conferencia na casa que ningunha outra franquía. Tamén son o único equipo que conseguiu gañar a Super Bowl clasificándose no sexto lugar nos play-offs, logo de gañar tres partidos como visitante na XL Super Bowl, disputada o 5 de febreiro de 2006 no estadio Ford Field de Detroit (Míchigan), na que derrotou por 10-21 aos Seattle Seahawks.
Orixinalmente nomeábanse Pittsburgh Pirates uníronse á NFL en 1933, cando o seu propietario, Art Rooney pagou 2.500 dólares para inscribir a franquía. Foi o primeiro equipo en contar cun xogador profesional.
A franquía vaise reformar e renomear como Steelers (traballadores do aceiro) como sinal da importante posición da cidade de Pittsburgh no campo da siderurxia. Un seareiro propuxo este nome nun concurso organizado por un diario da cidade e a franquía.
O ascenso dos Steelers nos anos 1970, ocorreu na mesma tempada na que a cidade pasou a adoptar o equipo, a causa da crise que pechou boa parte das siderurxias da cidade.[1] Nesa mesma época, foi creada a "Terrible Towel" (1975) polo finado locutor de radio Myron Cope, ao principio para ser usada apenas nos playoffs. Toda amarela, con letras negras, é empregada ata hoxe pola afección para "coloraren" as bancadas. Os directores da radio que retransmitían os partidos dos Steelers pediran a Cope que inventase algunha xogada de mercadotecnia para promover os seus partidos. Cope protestou, dicindo que non era un home de xogadas de mercadotecnia, mais foi forzado a facelo porque o seu contrato vencía ao final da tempada.[2] Nacía así o que é considerado o símbolo máis coñecido de calquera afección nos deportes norteamericanos[3].
Quarterbacks
Running backs
Wide receivers
Tight ends
|
Liña ofensiva
Liña defensiva
|
Linebackers
Defensive backs
Equipos especiais
|
Reservas
Equipo de adestramento
Rookies en cursiva | ||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.