From Wikipedia, the free encyclopedia
Pitchfork Media, coñecida normalmente como Pitchfork ou P4k, é unha publicación diaria de Internet baseada en Chicago creada en 1995 dedicada á crítica e os comentarios musicais, a noticias do mundo da música e a entrevistas a artistas. Céntrase na música independente e underground, especialmente no indie rock. Porén o seu abano esténdese á electrónica, pop, hip hop, dance, folk, jazz, metal e música experimental. A web céntrase na música nova, pero os xornalistas de Pitchfork tamén realizan recensións de re-edicións de álbums e box sets. A páxina tamén ten publicado listas de mellores álbums e cancións por décadas, ademais de realizar unha lista anual cos mellores disco e sinxelos dese ano.
Pitchfork Media | |
---|---|
Tipo | revista, revista eletrónica, páxina web e xornalismo musical |
Data de fundación | 1995 |
Sede | Chicago |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://pitchfork.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actualmente Pitchfork ten unha audiencia duns 240.000 lectores diarios, e máis de 1,5 millóns de visitantes únicos por mes, sendo a publicación musical online adicada á música independente máis popular.
A finais de 1995, Ryan Schreiber, entón acabado de saír do instituto, creou Pitchfork en Minneapolis, Minnesota. Influenciado por fancines locais e a emisora de radio da universidade, a KUOM, Schreiber, que non tiña experiencia previa escribindo, lanzouse a proporcionar a Internet un recurso actualizado regularmente para a música independente. Nun principio levou o nome de Turntable, e a páxina foi orixinalmente actualizada mensualmente con entrevistas e recensións. En maio de 1996 o sitio comezou a publicar diariamente, e foi renomeada como "Pitchfork", unha referencia á tatuaxe de Tony Montana na película de 1983 O prezo do poder.
A comezos de 1999, Schreiber deixou Minneapolis e mudouse a Chicago, Illinois. Cara entón, a páxina expandírase a catro recensións de álbums diarias, ademais de entrevistas, columnas e artigos esporádicos. Tamén comezou a gañar seguimento, tanto pola súa extensa cobertura da música underground como polo seu estilo de escritura. En outubro dese ano o sitio engadiu unha sección diaria de noticias musicais.
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente. Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.