Pipino de Italia

rei de Italia entre 781 e 810 From Wikipedia, the free encyclopedia

Pipino de Italia

Pipino de Italia, nado en abril de 773 e finado o 8 de xullo de 810, era fillo de Carlomagno e foi rei de Italia (781-810) baixo a autoridade de seu pai.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pipino de Italia
Thumb
Nome orixinal(fr) Pepin d'Italie
Biografía
Nacemento777
valor descoñecido
Morte8 de xullo de 810 (32/33 anos)
Milán, Italia
Causa da mortedoenza
Lugar de sepulturaBasílica de San Zenón (pt)
Rei de Italia
Actividade
Ocupaciónmonarca
Outro
TítuloRei dos longobardos (781–810)
Rei de Italia (781–810)
FamiliaDinastía Carolinxia
CónxuxeRotaida
ParellaRotaida
FillosTheodrada
 () Rotaida
Gundrada
 () Rotaida
Berta
 () Rotaida
Atala
 () Rotaida
Bernaldo de Italia
 () Rotaida
Adelaide
 () Rotaida
PaisCarlomagno   e Hildegarda de Vinzgau
IrmánsCarlos o Mozo
Pipino o Xiboso
Lois I o Piadoso
Drogon de Metz
Hugh
Lotário
Teodorico
Rotrude
Teodrada
Berta
Gisela
Alpaida
Adelaide
Hildegarda
Chrotais
Hiltrude
Rodaida
Adaltruda

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
WikiTree: Carolingian-85
Pechar
Thumb
O reino de Italia dentro do Imperio Carolinxio en 814

Traxectoria

Foi o terceiro fillo de Carlomagno e segundo dos tidos coa súa muller Hildegarda. Ao nacemento recibiu o nome de Carlomán, pero, a raíz da traizón de seu irmán, Pipino o Chepudo, aplicáronlle a el o nome real de Pipino. Foi proclamado Rei de Italia logo da conquista do reino longobardo por parte de seu pai. En 781 coroouno o Papa Hadrián I coa coroa de ferro dos longobardos.

Foi un gobernante activo que traballou pola expansión do Imperio Franco. En 791, conduciu un exército longobardo cara ao Val do Drava e saqueou Pannonia, mentres seu pai seguía o curso do Danubio cara ao territorio dos ávaros. Carlomagno tivo que abandonar a empresa para atender a revolta saxoa do 792. Pipino e o Duque Eric de Friúl continuaron, pero, atacando as fortificacións dos ávaros. O gran anel dos ávaros, a súa fortaleza principal, foi tomada dúas veces. O botín foi enviado á corte de Carlomagno, a Aquisgrán, e foi distribuído entre os seus colaboradores e mesmo entre gobernantes estranxeiros, coma o rei Offa de Mercia.

Realizou un longo pero infrutuoso asedio a Venecia, cidade baixo o dominio bizantino (polo menos nominalmente), no ano 810. O acoso durou seis meses e o seu exército foi devastado polas enfermidades propias das zonas húmidas da rexión e tivo que se retirar. Pipino morreu uns meses máis tarde.

Casou con Berta, filla, quizais, do conde Guillerme I de Tolosa. Tiveron cinco fillas: Adelaida, que casou con Lamberto I de Nantes, Atala, Gundrada, Berta e Tetrada. Todas elas naceron entre o ano 800 e a morte de Pipino. Tivo ademais un fillo ilexítimo, Bernaldo. Pipino estaba destinado a herdar unha terceira parte do Imperio de seu pai pero morreu antes ca el. A coroa de Italia pasou ao seu fillo Bernaldo, pero a dignidade imperial foi para o seu irmán máis novo, Lois o Piadoso.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Partición do Imperio Carolinxio (806).

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.