From Wikipedia, the free encyclopedia
A pintura acrílica é unha pintura de secado rápido que contén pigmento nunha emulsión de polímero acrílico.
En 1934, unha empresa química alemá creou resina acrílica. Utilizouse por primeira vez na década de 1940. Os acrílicos estaban dispoñíbeis comercialmente como pintura para artistas na década de 1950. Máis tarde, realizáronse moitos avances na fabricación da pintura acrílica a medida que cada vez máis xente comezou a usar este material.
As tintas acrílicas son indicadas para ambientes externos debido ás súas propiedades:
Alén diso, unha das principais vantaxes da tinta acrílica é manter en boa medida a cor orixinal despois do secado.
As pinturas acrílicas pódense diluír con auga, pero son resistentes á auga cando se secan. Ao secar, a pintura acrílica normalmente non se pode eliminar dunha superficie sólida. Poden ter un uso artístico, artesanal ou en bricolaxe.
Dependendo da cantidade de pintura acrílica diluída (con auga) ou modificada con xeles acrílicos, medios ou pastas, a pintura acrílica rematada pode parecerse a unha acuarela ou unha pintura ao óleo ou ter un aspecto único, máis satinado ou mesmo incluír pigmentos fluorescentes.
Utilizouse moito na arte moderna e é máis barata que a pintura ao óleo, un material máis caro pero tamén máis duradeiro. A pintura acrílica pode dar unha cor máis brillante e viva que as pinturas ao óleo, pero é menos versátil para as veaduras.
Artistas como David Hockney, e en Galiza varios membros do grupo Atlántica empregaron habitualmente a pintura acrílica en diversas etapas nas súas obras, sobre táboa ou lenzo, e outros como Ron Mueck para colorir as súas esculturas de látex.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.