Pilar Neira

adestradora galega de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia

Pilar Neira

Pilar Neira Martínez, nada en Londres en 1963, é unha exfutbolista e adestradora de fútbol galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pilar Neira
Thumb
(2014)
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1963 (61 anos)
Londres, Reino Unido
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Deportefútbol
Pechar

Traxectoria como xogadora

Criada na cidade da Coruña, practicou como deportista o fútbol e o balonmán. Comezou xogando ao fútbol en 1976 no Karbo CF, equipo de fútbol feminino que en 1980 sería absorvido polo Deportivo pasándose a chamar Karbo Deportivo co que gañou tres campionatos de España. En 1982[Cómpre referencia] fichou no Maravillas SD e posteriormente polo Brigantium CF[1], e en 1985 gañou o campionato de España de seleccións territoriais representando a Galicia.

Traxectoria como adestradora

En 1982 obtivo o título de adestradora nacional. Como adestradora ascendeu o Orzán SD a Primeira Nacional e gañou tres campionatos de España. Tamén foi adestradora do Imperátor, e dos equipos de fútbol sala da Capela, o Breogán e o Riazor[2].

En 2007 converteuse na primeira seleccionadora da selección galega de fútbol feminino, posto que ocupou ata 2009.

Ademais, é a presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia e do Balonmán A Coruña.

Datos persoais

Está casada e ten unha filla. É seareira do Deportivo da Coruña[1].

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.