From Wikipedia, the free encyclopedia
Os picanzos son aves paseriformes que conforman a familia dos Laniidae (lánidos[1], ou respectando o étimo latino, laníidos). Son coñecidos polos seus hábitos de cazar insectos, pequenas aves ou mamíferos e penduralos seus corpos en talos espiñentos. Isto axúdaos a esnaquizar a carne en anacos máis convenientes e sérvelles para amorear a comida para logo volver e servirse de novo. O peteiro do picanzo típico é ganchudo como o dunha ave de presa, reflectindo a súa natureza depredadora.
Laniidae Lánidos, laníidos, picanzos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lanius meridionalis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||
|
A maioría das especies viven en Eurasia e África, habendo dúas especies que se reproducen en América do Norte. Os membros desta familia non existen en Suramérica nin en Australia.
Algúns picanzos son coñecidos como "paxaros carniceiros" polo seu costume de pendurar corpos de insectos ou de pequenos vertebrados.
A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,[2] na páxina 67 da súa obra, publicada en Palermo, Analyse de la nature, ou tableau de l’univers et des corps organisés, na cal intentou elaborar un novo sistema de clasificación biolóxica.
Para darlle nome á familia, Laniidae, Rafinesque escolleu nome do xénero tipo, Lanius, engadíndole o sufixo do latín científico -ĭdae, co que se forman as nomes das familias de animais, que Linneo tomara do substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría'.
Na familia recoñécense os catro xéneros seguintes:[2][3][4]
As familias dos Prionopidae e dos Malaconotidae teñen unha relación bastante próxima cos Laniidae, e no pasado os seus membros incluíanse nesta familia.[Cómpre referencia]
En Galicia atópanse as seguintes especies pertencentes á familia dos Laniidae:
Nome científico[5] | Nome común | Imaxe | Presenza[5] | Status en Galicia[5] | Familia | |
---|---|---|---|---|---|---|
Lanius collurio | Picanzo vermello[5][6] | Estival pouco común | Lánidos | |||
Lanius excubitor | Picanzo real,[6] picanzo real setentrional[5] | Raro | - | Lánidos | ||
Lanius isabellinus | Picanzo Isabel[5] | Accidental, rareza | - | Lánidos | ||
Lanius meridionalis | Picanzo real meridional[5] | Sedentario escaso con invernantes | Lánidos | |||
Lanius minor | Picanzo pequeno[5][6] | Accidental | - | Lánidos | ||
Lanius senator | Picanzo cabecirrubio,[6] picanzo rebordá[5] | Estival escaso | Lánidos | |||