especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O piñeiro insigne, piñeiro de Monterrei ou piñeiro americano[1] (Pinus radiata D. Don.), ás veces chamado piñeiro de repoboación (por ser usado con este fin en Galiza), é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne orixinaria da baía de Monterey, en California. A súa característica distintiva principal é que as súas follas se presentan en grupos de tres acículas, no canto de dúas como ocorre na maioría dos piñeiros. As piñas son máis cativas que as do piñeiro bravo.
Piñeiro insigne | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar en Monterey (California) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pinus radiata D.Don |
É unha árbore de talle medio a elevado, de aproximadamente 30 metros de altura. A vantaxe é que é unha especie de crecemento rápido xa que alcanza un diámetro de toro de máis de 50 centímetros en 25 ou 35 anos. Posúa unha copa aplanada ou abovedada na súa madureza, coas pólas inferiores estendidas. Ten o tronco recto con ritidoma groso de cor parda-avermellada. As follas, tipo arume, son duns 15 cm de lonxitude agrupadas en tres acículas. Estróbilos ovoides de 7–14 cm de lonxitude agrupados en parellas ou verticilos de 3-5 coas escamas externas moi prominentes.
As piñas son máis cativas que as do piñeiro bravo, non superando os 12 cm de lonxitude e son ovoides e moi asimétricas. Os piñóns miden entre 5 e 8 mm.
O piñeiro insigne é orixinario de California. Desenvólvese mellor en solos silíceos e moi profundos. Prefire climas temperados ou cálidos, xa que non atura nin as temperaturas moi baixas nin as xeadas; necesita de bastante humidade, aínda que tolera a seca estival.
Introduciuse en Europa, Nova Zelandia, sueste de Australia, Chile, Brasil e Suráfrica. As maiores plantacións son en Chile e Nova Zelandia, onde exceden o 80 % da superficie total de plantación.
Con frecuencia utilízase como pantalla contra o vento.
Sensíbel ao frío e ás xeadas, só se atopa en Galiza plantado en zonas próximas ao mar.
É unha especie de grande interese para a industria pola calidade da súa madeira e por medrar axiña, que fai que o seu cultivo comece a dar beneficios en poucos anos.
A madeira é feble mais ten a vantaxe de ser pouco resinosa. Aprovéitase para diferentes fins, entre os que salientan a pasta de papel e a fabricación de taboleiros de partículas.
Cultívase en moitos países para facer reforestacións, principalmente pola rapidez do seu crecemento.
Na Península Ibérica introduciuse sobre todo na zona norte para a fabricación de pasta de papel. Atópase en zonas de baixa altitude de Asturias, Cantabria, Castela e León e País Vasco; e excepcionalmente nalgunhas rexións de Andalucía como Málaga, Cádiz e Serra Morena. En Galiza introduciuse arredor do ano 1850, medrando ben na zona da costa e obtendo bos crecementos polo clima e por ser unha especie que medra axiña en solos acedos.
En Chile introduciuse no ano 1888 por Arturo Junge Sahr na cidade de Concepción, a partir de sementes encargadas ao viveiro alemán G. Porzel en Erfurt. Polo seu crecemento rápido logo se popularizou.
Pinus radiata foi descrita por David Don e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 17: 442. 1836.[2]
Pinus: nome xenérico dado en latín ao piñeiro.[3]
radiata: epíteto latino que significa "radial, con raios".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.