Compositor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Philip Morris Glass, nado en Baltimore o 31 de xaneiro de 1937,[1] é un compositor clásico estadounidense. Está considerado un dos compositores máis influentes do século XX.[2][3][4] A súa música é descrita a miúdo como música minimalista, xunto coa obra doutros grandes minimalistas como La Monte Young, Terry Riley e Steve Reich.[5]
Glass rexeitou o selo de "minimalista", describíndose no seu canto como un compositor de "música con estruturas repetitivas".[6] Malia que as súas primeiras obras musicais comparten moitas características co que se considera acotío como "minimalista", a súa música evolucionou moito estilisticamente.[7][8] El descríbese a si mesmo como "clasicista", destacando por ser estudoso de harmonía e contrapunto de compositores como Franz Schubert, Johann Sebastian Bach e Wolfgang Amadeus Mozart con Nadia Boulanger.[9]
Glass fundou o seu propio conxunto musical, o Philip Glass Ensemble, co cal toca o piano, escribe óperas, obras de teatro, sinfonías, concertos, obras solistas, música de cámara e bandas sonoras. Tres das súas bandas sonoras foron nomeadas ós Premios Oscar.
É un compositor moi prolífico, producindo moitos traballos entre óperas, sinfonías, concertos, bandas sonoras para filmes e outros traballos en colaboración con outros músicos. Ten dous fillos e actualmente reside no estado de Nova York nos Estados Unidos e na provincia da Nova Escocia no Canadá. É defensor da causa tibetana.[10]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor música orixinal | O Apóstolo | Gañador |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.