xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Phaseolus é un xénero na familia Fabaceae (Leguminosae) cunhas 90 especies aceptadas, das máis de 600 descritas, todas nativas das Américas.[2] A especie máis popular é Phaseolus vulgaris, os seus froitos e sementes son coñecidos vulgarmente como feixóns, ou fabas. Tamén pertencen a este xénero a faba de tres anos (Phaseolus coccineus) e mais a faba de Lima ou feixón de Lima (Phaseolus lunatus)[3].
Phaseolus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phaseolus coccineus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
ver texto | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Son herbas rubideiras volúbeis, erectas ou rastreiras, perennes ou anuais, a miúdo cubertas de pelos con ganchos. As follas son trifolioladas, con folíolos enteiros ou lobados e con estípulas persistentes. As flores están dispostas en acios axilares inseridos nos nós inchados, con brácteas persistentes ou caedizas. Teñen cáliz campanulado ou brevemente tubuloso, bilabiado co labio superior de 2 sépalos soldados e o inferior de 3. A corola, de cor violácea, azul, avermellada, amarela, ou de varios tons, con estandarte suborbicular, reflexo e ocasionalmente con apéndices na base; as ás, de forma obovada ou oblonga, adhiren á quilla que é lineal, con bico longo, espiralmente torta. Os estames, en número de 10, son diadelfos (9 soldados + 1 ceibo), e o xineceo ten o estilo torto de polo menos 360º, con estigma alongado e oblicuo. O froito é un legume lineal ou oblongo, comprimido ou cilíndrico, polispermo, de 2 até moitas sementes oblongas ou reniformes, con estrofíolo e fío cortamente lineal, de xerminación epí ou hipóxea.[4]
Análises filoxenéticas do xénero, baseado en datos morfolóxicos e moleculares, conclúen que todas as especies pertencen a 8 clados diferenciados morfóloxica, ecolóxica ou bioxeograficamente, excepto unhas 5 especies enigmáticas (Phaseolus glabellus, P. macrolepis, P. microcarpus, P. oaxacanus e P. talamancensis) que non entran claramente en ningunha destas divisións, e están só debilmente relacionados co clado de P. Tuerckheimii.[5]
O xénero está conformado por preto de 90 especies endémicas do continente americano que medran a altitudes comprendidas entre 700 e 2000 msnm), en terras baixas secas ou húmidas, piñeirais e carballeiras así como selvas húmidas desde o sueste do Canadá até o norte da Arxentina. As especies bravas están distribuídas desde o norte de México até o centro da Arxentina atopándose marcadas diferenzas morfolóxicas e moleculares entre os dous extremos da súa distribución xeográfica. Cinco especies foron domesticadas de maneira independente a partir de distintas especies bravas americanas. P.vulgaris, P. lunatus, P. polyanthus, P.acutifolius e P. coccineus: as dúas primeiras foron obxecto de múltiples domesticacións nos Ándes meridionais e México-Centroamérica; a terceira, e a menos influenciada pola domesticación, áchase en México, Mesoamérica, o Caribe e América do Sur (até o norte do Perú); e as dúas últimas corresponden a México, o sur-oeste dos Estados Unidos e Centroamérica.
Os feixóns son un dos cultivos máis antigos do mundo. Xunto co millo e maila iuca, foron un alimento básico dominante das Américas durante milenios.
Da planta consómense as follas e vaíñas, e especialmente as sementes maduras e/ou secas, que son unha importante fonte proteica -por exemplo, uns 20% do peso seco de Phaseolus vulgaris- en zonas tropicais, subtropicais e tépedas, primeiro en América e, despois da súa introdución en Europa en épocas colombinas, no resto do mundo.
O xénero está subdividido nunhas 15 seccións:[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.