Perturbador endócrino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os perturbadores endócrinos (disruptores endócrinos, interruptores endócrinos), ás veces chamados axentes hormonalmente activos,[1] ou compostos perturbadores endócrinos (EDC, endocrine disrupting compounds -ou endocrine disrupting chemicals-),[2][3] son compostos químicos que poden interferir cos sistemas endócrinos (ou hormonais). Estas perturbacións poden causar tumores cancerosos, defectos conxénitos e outros trastornos do desenvolvemento.[4] Os perturbadores endócrinos, que se encontran en moitas produtos industriais e domésticos "interfiren coa síntese, secreción, transporte, unión, acción ou eliminación de hormonas naturais no corpo que son responsables do desenvolvemento, comportamento, fertilidade e mantemento da homeostase."[5]
Calquera sistema do corpo controlado por hormonas pode ser alterado por perturbadores endócrinos. Concretamente, os perturbadores endócrinos poden ser asociados co desenvolvemento de incapacidades de aprendizaxe, graves trastornos de déficit de atención, cognitivos e problemas de desenvolvemento cerebral.[6][7][8][9]
Houbo moita controversia nalgúns países sobre os perturbadores endócrinos, na que algúns grupos clamaban por unha rápida acción para que se retirasen eses produtos do mercado, e reguladores e outros científicos que pedían que se fixesen maiores estudos.[10] Algúns perturbadores endócrinos foron identificados e retirados do mercado (por exemplo, un fármaco chamado dietilstilbestrol), pero non está claro se algúns perturbadores endócrinos que están no mercado causan realmente algún dano aos seres humanos e á vida silvestre ás baixas doses ás que humanos e animais están expostos. Adicionalmente, un artigo científico clave, publicado en 1996 na revista Science, que axudou a lanzar o movemento dos que se opoñían aos disruptores endócrinos, foi retractado polo seu autor, o cal foi reprendido por ter unha conduta científica pouco ética.[11]
Os estudos feitos en células e animais de laboratorio demostraron que os compostos perturbadores endócrinos poden causar efectos adversos en procesos biolóxicos en animais e as exposicións a baixos niveis poden causar efectos similares en seres humanos.[12] Os compostos disruptores endócrinos no medio ambiente poden tamén relacionarse con problemas reprodutivos e de infertilidade na vida silvestre e certas prohibicións e restricións sobre o seu uso foron asociadas coa posterior redución de problemas de saúde e a recuperación dalgunhas poboacións de anmais silvestres.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.