médico e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Perfecto Conde Fernández, nado en Celanova o 1 de decembro de 1847 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, foi un médico e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1847 Celanova, España |
Morte | 1 de decembro de 1903 (56 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico , profesor universitario |
Lingua | Lingua castelá |
Fillo de Juan Conde Calvete, avogado e administrador dos condes de Ximonde e de María del Carmen Fernández Torrado. En 1861 cursou os estudos de bacharelato no Instituto de Santiago, comenzando a licenciatura de Medicina en 1866 na Facultade compostelá, culminando co grao de doutor o 23 de xuño de 1873 na mesma Universidade.
Foi profesor de Histoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e despois catedrático de Histoloxía, Histoquímica e Anatomía patolóxica da Facultade de Medicina da mesma universidade do 26 de decembro de 1892 ao 30 de decembro de 1903.[1]
Casou no Pazo de Anzobre con Elisa Puga Blanco[2], irmá de Luciano Puga Blanco[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.