O perdón é o proceso intencional e voluntario polo que a vítima ou xeralmente o agresor pasa por unha mudanza de sentimentos e actitudes en relación a unha ofensa criminosa, deixa de lado as emocións negativas, como a vinganza cunha capacidade aumentada de desexar ben ao agresor.[1][2] O perdón é distinto da tolerancia (fallar en ver a acción como errada e necesitada de perdón), da desculpa (non considerar o ofensor como responsábel pola acción), do esquecemento (remover a noción da ofensa da conciencia), do indulto (concedido por un representante recoñecido da sociedade, como un xuíz) e da reconciliación (restauración dunha relación).
En certos contextos, o perdón é un termo legal para absolver ou desistir de todos os sinistros por conta de débedas, empréstitos, obrigas ou outras reivindicacións.[3][4]
Como concepto psicolóxico e virtude, os beneficios do perdón foron explotados no pensamento relixioso, nas ciencias sociais e na medicina. O perdón pode ser considerado simplemente en termos da persoa que perdoa incluído perdoar a si mesmo, en termos da persoa perdoada ou en termos da relación entre o perdoador e a persoa perdoada.[5] Na maioría dos contextos, o perdón concédese sen expectativa de xustiza restaurativa, e sen calquera resposta por parte do agresor (por exemplo, alguén pode perdoar unha persoa que está incomunicábel ou morta). En termos prácticos, pode ser necesario que o ofensor ofreza algunha forma de recoñecemento, unha petición de desculpas, ou ata pida perdón, para que a persoa inxustizada crea que é capaz de perdoar tamén.
As dimensións sociais e políticas do perdón envolven a esfera estritamente privada e relixiosa do "perdón".[1] A noción de "perdón" é xeralmente considerada excepcional no campo político. No entanto, Hannah Arendt considera que a "facultade do perdón" ten o seu lugar nos asuntos públicos. A filósofa cre que o perdón pode liberar recursos tanto individual canto colectivamente en face do irreparábel. Durante unha investigación en Ruanda sobre os discursos e a práctica do perdón tralo xenocidio de Ruanda, o sociólogo Benoit Guillou ilustrou a polisemia extrema (múltiplos significados) da palabra perdón, mais tamén o eminente carácter político da noción. Como conclusión do seu traballo, o autor propón catro figuras principais do perdón para unha mellor comprensión, por unha banda, de usos ambiguos e, por outro lado, as condicións baixo as que o perdón pode mediar a continuaciónn do vínculo social.[6]
O termo perdón pode usarse de xeito intercambiábel e interprétase de moitas maneiras distintas por persoas e culturas. Iso é especificamente importante na comunicación relacional, porque o perdón é un compoñente chave na comunicación e na progresión xeral como individuo, do par ou grupo. Cando todas as partes teñen unha visión mutua de perdón, entón unha relación pode manterse. "Entender os antecedentes do perdón, explotar a fisioloxía do perdón e adestrar as persoas para se tornaren máis tolerantes, todo implica que temos un significado compartido para o termo".[7]
Xudaísmo
Na Torá, o perdón é un mandamento divino, unha Mitzvá que prohibe a vinganza e gardar resentimiento ou rancor.[8] No xudaísmo, é Deus quen pode perdoar a persoa que está sinceramente arrepentida e que está disposta a reparar o dano ou a ofensa cometida ao outro.[9] O perdón para o xudaísmo consta de tres niveis: selijá (decisión de acabar coa dor), mejilá (arrincar a dor e deixar de culpar os outros) e kapará (substituír a negatividade polo amor).[10]
O Yom Kipur, ou día do Perdón celébrase o 10 de Tishrei, 10 días despois do aninovo. É a festividade máis solemne e respectada do calendario xudeu. Este día iníciase como todas as festas xudías a tarde do día anterior. Obsérvase un xaxún rigoroso, é un día dedicado á pregaria e ao arrepentimento polas faltas cometidas durante o ano, esperando o perdón de Deus, que ha perdoar a todos os que se arrepintan sinceramente. Reflexiónase sobre os erros cometidos e sobre como ser mellor persoa o seguinte ano.[11]
Cristianismo
No Novo Testamento, Deus é misericordioso, e perdoarse os uns aos outros considérase un imperativo moral, pois o perdón a quen nos ofenden e nos odian é un dos maiores exemplos de amor ao próximo; as referencias ao perdón entre os homes abundan no Novo Testamento, que recomenda poñer a outra fazula e amar os nosos inimigos. Xesús recomendou perdoar "setenta veces sete" (Mateo 18:22), é dicir, non cansar de perdoar.
A parábola do fillo pródigo ensina as diferenzas do perdón entre os seres humanos e a súa analoxía con Deus como perdoador, para quen buscan o seu perdón.[12]
Budismo
No Budismo, o perdón concíbese como unha práctica para previr pensamentos daniños que poidan alterar o noso benestar mental.[13] O budismo recoñece que os sentimentos de odio e rancor deixan un efecto dureadeiro no noso karma. De feito, o budismo promove o cultivo de pensamentos que deixen unha sensación sa.
Islam
No islam, predícase que Deus é "O Clemente", "O Misericordioso" (al-Rahman al-Rahim). O Corán deixa claro que Deus castiga, mais tamén perdoa. O islam ensina que Deus é misericordioso e a fonte orixinal de todo perdón. O perdón frecuentemente require o arrepentimento de quen teñen que ser perdoados. Dependendo do tipo de erro cometido, o perdón pode provir directamente de Deus, ou do ofendido. No caso do perdón divino, a petición de tal perdón e o arrepetimento é relevante; no caso do perdón humano, é importante tanto perdoar como ser perdoado.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.