From Wikipedia, the free encyclopedia
Penrhyn, ou tamén Tongareva, é un atol, o máis remoto das illas Cook. Está situado no grupo setentrional, a 1.365 km ao norte de Rarotonga.
Penrhyn | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Cook |
Illa principal | Moananui |
Linguas | |
Poboación (2006) | 251 hab. |
Superficie | 9´8 km² |
Superficie lagoa | 208 km² |
Nº de illas | >30 |
Coordenadas | 9°00′20″S 157°58′10″O |
Maior Altura | |
Localización | |
O atol ten unha lagoa de máis de 280 km², unha das máis grandes do Pacífico sur. As terras emerxidas teñen unha superficie total de 9,8 km². Dispón de tres pasos navegables a través do escollo. O máis utilizado, serve de paso entre Panamá e Nova Zelandia, é o paso de Taruia, preto da vila de Omoka. Atópase exactamente a 9º de latitude sur e 158º de lonxitude oeste e por isto era utilizado frecuentemente polos navegantes para calibrar os seus instrumentos. Alén da lagoa atópase outra vila, denominada Te Tauta.
A principal actividade económica é o cultivo de perlas negras. Son moi apreciados os tradicionais chapeus artesáns de follas de pandanacia.
A poboación total era de 357 habitantes ao censo do 2001.
O atol foi descuberto en 1788, polo inglés W. Severo no barco Lady Penrhyn, de volta da primeira viaxe de deportación de convictos a Australia. O nome orixinal maorí é Tongareva, que significa 'afastada desde o sur'. Tamén se coñecía como «o círculo» (Te Pitaka). O nome maorí actual é Mangorongaro.
A partir de 1854 foi evangelizada por pastores de Rarotonga. Dez anos máis tarde chegaron os negreiros peruanos e estímase que deportaron ao Perú, uns 1.000 habitantes axudados polos misioneiros que necesitaban diñeiro para construír igrexas. Denominaron a illa como dos Catro Evanxelistas.
Durante a segunda guerra mundial construíuse un aeroporto que aínda está en servizo, con voos semanais a Rarotonga.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.