Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A peletaría ou peletería[1] é o oficio de preparar peles finas para facer pezas de vestir, accesorios etc. Por exensión, denomínase igualmente peletaría á industria dedicada á elaboración de indumentaria a partir de coiro e pel animal, ou á tenda onde se venden artigos de pel. Trátase dunha das tecnoloxías máis antigas coñecidas, remontándose á prehistoria, e probabelmente a forma máis antiga de elaboración de indumentaria.
Peletaría é tamén o conxunto de peles que elabora ou vende o peleteiro.[1]
Mentres o coiro, especialmente é obtido do gando, é hoxe un artigo estándar na vestimenta, a popularidade das pezas de pel sufriu unha importante diminución nos últimos anos por mor da concienciación de protexer algunhas especies de animais escasos, normativa CITES. Os coidados especiais que require tanto na súa confección como no seu uso fixeron que se considerase tradicionalmente un artigo de luxo; algunhas pezas, como as elaboradas de armiño, foron simbólicas da vestimenta real nalgunhas culturas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.