Peleiades ( Πελειάδες, pombas) eran as mulleres sagradas de Zeus e a Deusa nai, Dione, do santuario de Dodona.
Píndaro fixo referencia ás "peleiades" como un grupo de pombas, pero a relación é aí antes poética que mítica. No entanto, a carroza de Afrodita foi empuxada por un grupo de pombas. O elemento mítico dunha pomba negra que iniciou o oráculo de Dodona, o cal foi relatado a Heródoto no século V, pode ter sido unha tentativa dun relato de etimoloxía popular usada para o nome arcaico das mulleres sagradas, pero que deixou de ter sentido (un mito etiolóxico).
Pausanias, cando describe as varias sibilas, cita a Fenis, filla dun rei dos cáones, e as Peleiae (pombas) de Dodona como oráculos inspirados por deuses[1]. Non precisa unha data para o nacemento das Peleiades, pero di que elas naceran antes de Fenis, sendo que esta naceu cando Antígono Gónatas estaba establecendo o seu reino[1] (281 - -280).
Posibelmente o pel- estaba orixinalmente conectado con negro ou lamacento en nomes como Peleo ou Pélops, o ático polios, o dórico peleios, PIE *pel-, "cinza". As Peleiades son con frecuencia confundidas coas ninfas Pléiades.[2][3][4][5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.