subclase (superórde) dos peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dipnoi, dipnoos ou peixes pulmonados son unha subclase de peixes da clase Sarcopterygii, isto é, peixes óseos portadores dunha vexiga natatoria adaptada á función de respiración aérea.
Viven exclusivamente en auga doce e teñen un tamaño mediano e unha forma típica, alongada. Teñen narinas internas atípicas (as súas narinas ábrense dentro da cavidade bucal), pulmóns funcionais e sistema circulatorio diferenciado. Por estas características foron considerados no pasado coma ancestrais dos tetrápodos.
Os peixes dipnoicos son especiais polo feito de teren como órgano primario da respiración un pulmón especializado que non posúe bronquios, sendo quen de extraer osíxeno directamente do aire atmosférico. Este é un órgano impar en Neoceratodus e par en Lepidosiren e Protopterus.
Subclase Dipnoi
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dipnoi |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dipnoi |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.