compositor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
António Pedro da Silva Chora Barroso, máis coñecido popular e artisticamente como Pedro Barroso, nado en Lisboa o 28 de novembro de 1950 e finado o 16 de marzo de 2020, foi un cantante popular, actor teatral, escritor, profesor e psicólogo portugués .
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1950 Lisboa, Portugal |
Morte | 16 de marzo de 2020 (69 anos) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, escritor |
Período de actividade | 1969 - |
Sendo aínda moi pequeno a súa familia trasládase a Riachos, no concello de Torres Novas, terra natal do pai, profesor de primaria. Aos 15 anos, estréase no teatro radiofónico, con Odette de Saint-Maurice na Emissora Nacional portuguesa. En decembro de 1969 é un dos cantautores que saen á luz da man do Zip-Zip, un programa musical da RTP, xunto con Fialho Gouveia, Raul Solnado e Carlos Cruz.
En 1970 presenta Trova-dor, o seu primeiro disco. No mesmo ano entra no Teatro Experimental de Cascais onde traballa como actor, participando en pezas como Fuenteovejuna de Lope de Vega ou Breve Sumario da Historia de Deus de Gil Vicente, xuntamente con José Jorge Letria e António Macedo.
No ano 1973 licénciase en Educación Física, polo antigo Instituto Nacional de Educación Física (actual Faculdade de Motricidade Humana de Lisboa).
En 1976 edítase o seu primeiro longa duración: "Lutas Velhas, Canto Novo". No 1978 sae o disco Água Mole em Pedra Dura, no selo Diapasão. No 1980 edita Quem Canta seus Males Espanta. No ano 1981 gaña o Trofeo Karolinka no Festival Menschen und Meer, realizado na RDA.
No ano 1982 participa no Festival da Canción da Rádio Comercial con "Cantar Brejeiro". En 1987 recibe o premio para a mellor canción do ano con "Menina dos Olhos d’Água", do seu LP Roupas De Pátria Roupas De Mulher.
Paralelamente á súa actividade artística deu clases en secundaria durante máis de vinte anos. Teve un posgrao en Psicoterapia do Comportamento e desenvolveu a súa actividade na área da musicoterapia.
Singles e Eps
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.