Pedro Antonio Cerviño Núñez, nado en Moimenta (Campo Lameiro) o 6 de setembro de 1757 e finado en Buenos Aires o 30 de maio de 1816, foi un cartógrafo, agrimensor e matemático galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1757 Moimenta, España |
Morte | 29 de maio de 1816 (58 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo, militar, enxeñeiro |
Traxectoria
Cara 1781 emigrou a América e, posiblemente, en 1782 trasladouse a Buenos Aires. En 1783 foi nomeado enxeñeiro da expedición de recoñecemento da mina de ferro de Potosí. Parece que tres anos despois realizou unha carta dos ríos Paraná e Uruguai. De volta a Bos Aires en 1792, foi o encargado de deseñar un novo peirao, rúas e a ampliación da enseada de Barragán (1801). Foi, xunto con Alsina Gassa, impulsor e director da Escuela Náutica (1799), na que impartía clases de xeometría, trigonometría, hidrografía e debuxo ata a súa desaparición (1806). Foi partidario da difusión da ciencia para mellorar as condicións de vida da sociedade. Realizou traballos de carácter cartográfico, como o plano para ampliar as fronteiras dos indios (1801) ou o plano do arroio Maldonado (1805), e en 1814 foi o encargado de elaborar o plano topográfico de Bos Aires. Tamén fixo diversos traballos sobre as linguas indíxenas. Colaborou no xornal Telégrafo mercantil, rural, político e económico e historiográfico del Río de la Plata (1801-1802) e no Semanario de Agricultura, Industria y Comercio.
O CEIP de Campo Lameiro leva o seu nome[1], así como unha escola de primaria no barrio porteño de Flores, na que estudou o papa Francisco[2].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.