Pays d'Auge
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pays d'Auge (Pronunciación francesa: [pei doʒ], literalmente Terra de Auga), Auge pe Bro-Auge en bretón, é unha zona de Normandía, situada entre os departamentos de Calvados e Orne (ademais dunha pequena parte do de Eure), unha antiga provincia do Reino de Francia. A cidade principal é Lisieux.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Normandía | |||
Departamento | Calvados | |||
Villes et pays d'art et d'histoire | ||||
Data | 2000 | |||
O Pays d'Auge divídese nos seguintes cantóns : Cantón de Cabourg, Cantón de Dozulé, Cantón de Trouville Deauville, Cantón de Honfleur, Cantón de Troarn, Cantón de Cambremer, Cantón de Pont-l'Évêque, Cantón de Blangy-le -Château, Cantón de Mézidon-Canon, Cantón de Lisieux, Cantón de Saint-Pierre-sur-Dives, Cantón de Livarot, Cantón de Orbec, Cantón de Trun, Cantón de Vimoutiers, Cantón de Exmes e Cantón de Gacé.
A paisaxe desta zona considérase típica de Normandía — agrícola e produtora de produtos lácteos e mazás.[1] Destaca polos seus queixos, especialmente Camembert (denominado así por un lugar do Pays d'Auge),[2] Livarot e Pont-l'Évêque, tamén nomes de vilas.
O Pays d'Auge recibiu o status de appellation d'origine contrôlée
(denominación de orixe) pola súa sidra e calvados (licor co nome do departamento de Calvados).
O dialecto normando do Pays d'Auge coñécese como Augeron. O Pays d'Auge está clasificado como Terra de Arte e Historia polo Ministerio de Cultura de Francia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.